Glittertind é unha banda norueguesa de folk rock indie, que naceu en 2001 como un proxecto persoal de Torbjørn Sandvik. En 2010, a banda pasou a ter unha formación completa que consistía en Sandvik como voz e guitarra rítmica, Geirmund Simonsen no acordeón e nas guitarras rítmicas, Stefan Theofilakis na frauta, Geir Holm na batería, Olav Aasbø na guitarra principal, e Bjørn Nordstoga no baixo.

Traxectoria Glittertind comezou como un proxecto individual de Torbjørn Sandvik. Os seus primeiros dous discos foron Evige Asatro (2004) e Til Dovre Faller (2005), lanzados co selo neerlandés Karmageddon Media. Estes traballos inspiráronse nas grandes narrativas da historia, mentres que a música mesturaba elementos do punk, heavy metal e folk. En 2008 incorporouse ao proxecto Geirmund Simonsen, que tiña unha formación como organista de igrexa, produtor e compositor para teatro, cine e televisión, moi diferente dos antecedentes de Sandvik, principalmente de bandas de punk e metal. En 2009 editaron o álbum Landkjenning (2009) con Napalm Records.

En 2010 Glittertind converteuse nunha banda completa, e en 2013 a publicou Djevelsvart, o seu primeiro disco coa nova formación, a través do selo noruegués Indie Recordings. O álbum inspirouse en escritores do século XIX que escribiron sobre o que significa ser un home moderno. Durante o traballo co álbum, a noiva de Torbjørn contraeu un cancro que ameazaba a súa vida, e el atopou consolo ao sentir unha sensación de desesperación común con estes escritores do século XIX. Tamén influíu no álbum a perda colectiva de sentido e inocencia en Noruega tras os atentados terroristas do 22 de xullo. A canción "Sprekk for sol" foi dedicada a unha das vítimas de Utøya, Torjus Jakobsen Blattmann, e ao seu compromiso contra as ideoloxías do odio. Con este disco a banda tentaba comunicar que a xente non está tan soa no seu sufrimento como ás veces pensa.

Djevelsvart recibiu excelentes críticas na prensa norueguesa e Glittertind encabezou a lista de álbums de iTunes en Noruega durante varios días. Co seu seguinte disco, Blåne for blåne, o seu segundo álbum como banda completa, Glittertind continuou a súa viaxe por "estados de ánimo históricos". Para apoiar os estados de ánimo líricos, a banda revitalizou a súa expresión musical a partir do escuro e pesado predecesor, Djevelsvart. En Blåne for blåne a expresión acústica é máis lixeira e nas composicións represéntanse as influencias culturais angloamericanas despois de 1945 en Noruega. Usáronse diferentes instrumentos e elementos de cancións folk nórdicas, unha tradición clásica-romántica e folk rock indie angloamericano.

Discografía

Álbums

Mellom Bakkar Og Berg (demo) (Ultima Thule Records, 2002) CD Evige Asatro (demo) (Ultima Thule Records, 2003) CD Evige Asatro (Karmageddon Media, 2004) CD Til Dovre Faller (Karmageddon Media, 2005) CD Evige Asatro / Til Dovre Faller 2CD (Napalm Records, 2009) Dobre CD Landkjenning (Napalm Records, 2009) CD Djevelsvart (Indie Recordings, 2013) CD/LP Blåne for blåne (Indie Recordings, 2015) CD/LP Himmelfall (2017) CD

Membros

Torbjørn Sandvik - Voz, baixo, guitarra, batería e teclados. Geirmund Simonsen - Guitarras, baixo, batería, acordeón e órgano. Stefan Theofilakis - Frautas, asubío baixo e voz. Bjørn Nordstoga - Baixo. Olav Aasbø - Guitarra e voz. Geir Holm - Batería e percusión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos de Glittertind en Discogs .

Categoría:Artistas de Napalm Records Categoría:Grupos musicais formados en 2001 Categoría:Grupos musicais de folk punk Categoría:Grupos musicais de Noruega