Slow Pulp é unha banda estadounidense de indie rock formada en Madison, Wisconsin, aínda que no presente está baseada en Chicago, Illinois.

Historia O grupo formárono os amigos da infancia Teddy Mathews, Alex Leeds e Henry Stoehr. O seu primeiro lanzamento, un EP titulado EP1, apareceu no ano 2015. En 2017 Slow Pulp publicou un segundo EP, co título EP2, sendo o seu primeiro traballo coa nova membro Emily Massey. En 2019 a banda lanzou outro EP, Big Day. O seu primeiro álbum de estudio, Moveys, foi editado o 9 de outubro de 2020 a través do selo Winspear. O disco recibiu recensións positivas.

En 2023 a banda asinou un contrato co selo Anti-, a través do cal publicou o seu segundo álbum de estudio, Yard, no mes de setembro dese ano.

Membros

Emily Massey (voces/guitarra) Alex Leeds (baixo/voces) Teddy Mathews (batería) Henry Stoehr (guitarra)

Discografía ÁlbumAnoSeloNotasEP12015autoeditadoEPEP22017autoeditadoEPBig Day2019autoeditadoEPMoveys2020WinspearálbumDeleted Scenes2021WinspearEPYard2023Anti-álbumMelodie2026Anti-álbum

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda Bandcamp de Slow Pulp

Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Wisconsin Categoría:Grupos musicais formados en 2015