Jiok (en ) é unha serie de televisión surcoreana de fantasía escura dirixida por Yeon Sang-ho. Está baseada no webtoon do mesmo nome. É unha serie orixinal de Netflix que conta a historia duns seres sobrenaturais que aparecen de súpeto para condenar á xente ao inferno. A serie está protagonizada por Yoo Ah-in, Kim Hyun-joo, Park Jeong-min, Won Jin-ah e Yang Ik-june.
O episodio piloto de Jiok estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2021 na categoría "Primetime program of TV series" o 9 de setembro de 2021, e converteuse na primeira serie surcoreana en presentarse no festival. Estreouse en Netflix o 19 de novembro de 2021, e converteuse na serie máis vista de Netflix en todo o mundo o día seguinte, superando a Squid Game, estreada dous meses antes.
Personaxes Principais Yoo Ah-in como Jeong Jin-soo, líder do culto New Truth Society Park Sang-hoon como Jeong Jin-soo de mozo Kim Hyun-joo como Min Hye-jin, unha avogada Park Jeong-min como Bae Young-jae, director de produción dunha canle de televisión Won Jin-ah como Song So-hyun, a muller de Bae Young-jae Yang Ik-june como Jin Kyeong-hoon, un detective
Secundarios Kim Do-yoon como Lee Dong-wook, un live streamer e membro de Arrowhead Kim Shin-rok como Park Jeong-ja, unha nai solteira que é obxecto da primeira demostración pública retransmitida Lee Re como Jin Hee-jeong, a filla de Jin Kyeong-hoon Ryu Kyung-soo como Yoo Ji, un sacerdote do culto New Truth Kim Mi-soo como o diácono Young-in de New Truth Im Hyeong-guk como Gong Hyeong-joon, un profesor de socioloxía e líder da organización Sodo Kim Hyun como membro da Igrexa
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión en lingua coreana Categoría:Series de televisión de Corea do Sur