Edmundo Roberes Alonso, nado en Pontedeume cara a 1875 e finado no mesmo concello en outubro de 1923, foi un debuxante e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo do maxistrado José María Roberes Tomasí e Indalecia Alonso Roberes. Padeceu escrófula, enfermidade que o obrigou a levar máscara. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense, onde foi alumno de debuxo de José Mendiguchía. Colaborou en El Lucense, La Opinión, El Áncora, Heraldo de Galicia, El Correo Español, El Eco de Santiago, Galicia, La Voz de Galicia, e foi correspondente en Pontedeume de El Eco de Galicia. Foi nomeado oficial de Facenda Pública da Coruña en 1898.El Eco de Galicia, 31-12-1909, p. 2. Fundou e dirixiu o periódico El Eco de Puentedeume que despois se transformou en Galicia Pintoresca. Finou en Pontedeume en outubro de 1923.El Ideal Gallego, 23-10-1923, p. 3.El Correo Gallego, 24-10-1923, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Unha fotografía descoñecida da antiga ponte gótica de Pontedeume
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1923