Antonio Trabazo Lorenzo, nado en Silleda en 1906 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1937,El Pueblo Gallego, 21-9-1937, p. 2. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de José Trabazo González e irmán de Alfonso Trabazo Lorenzo. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Aprobou os exames para secretario de xulgado municipal en maio de 1929.El Ideal Gallego, 12-5-1929, p. 3. Foi oficial interino co Concello de Silleda ata que foi suspendido en maio de 1931. Sufriu un atentado en decembro de 1932.El Progreso, 29-12-1932, p. 3. Aprobou os exames para procuradores en xuño de 1933.El Pueblo Gallego, 3-6-1933, p. 4. Foi nomeado xestor de cédulas do concello de Silleda en agosto de 1934.El Pueblo Gallego, 8-8-1934, p. 10. Foi nomeado alcalde de Silleda en outubro de 1934, permanecendo no cargo ata marzo de 1936.

Notas

Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1937