María Reguera y Mondragón Leal, nada en Santiago de Compostela en xullo de 1756, foi unha dama ilustrada (bachillera) relacionada coa Sociedade Económica de Lugo.

Traxectoria María Reguera pertencía a unha familia fidalga, o seu pai era médico do cabido, e recibiu unha esmerada educación.

No ano 1783 participou na promoción de tres novas escolas (dúas de nenos e outra de nenas) para a cidade de Lugo onde residía, sendo os seus provisores o bispo Juan de Armanyá e o doutor Juan Antonio de Castro.

Estivo relacionada coa Real Sociedade Económica de Amigos del Pais de Lugo, unha das Sociedades Económicas de Amigos do País, pero non foi admitida como socia por ser muller. Non obstante, puido realizar a lectura dun discurso nesta sociedade en 1788 en defensa da educación dos nenos e nenas para xerar «ciudadanos útiles y aplicados».

Tamén foi autora dunha colección paleográfica e dun método de escritura.

Casou con Manuel Freire Castrillón, membro da burguesía urbana.

Obra

"Discurso na Real Sociedad de Lugo de Dª María Reguera y Mondragón". Núm. I, Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid, XV (1788), p. 99-106. "Discurso na Real Sociedade de Lugo de Dª María Reguera y Mondragón". Núm. II, Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid, XV (1788), p. 226-233.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

María Reguera no Álbum de mulleres

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1756 Categoría:Finados en 1824 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia