Miguel Ángel Rodríguez González, chamado Chisco por mor da familia, nado en Esgos cara a 1958 e finado no Alto do Couso o 3 de decembro de 2001, foi un veterinario e político galego, alcalde de Esgos.
Traxectoria Fillo de Amelia González e José Manuel Rodríguez, propietarios dun coñecido restaurante local, sobriño de Manuel Ángel Rodríguez, político local que foi alcalde de Esgos moitos anos, Miguel Ángel Rodríguez estudou veterinaria.
Integrante da candidatura municipal de Alianza Popular que encabezaba seu tío, o alcalde Manuel Ángel Rodríguez, nas eleccións de 1987, a renuncia temporal do tío levouno á alcaldía entre 1987 e 1989, e foi de novo substituído polo tío ao cabo deses dous anos.
Foi xefe de saúde pública na delegación de Sanidade, e tamén adegueiro de viño, impulsor da adega Leirabella (en Leiravella), enmarcada na denominación de orixe da Ribeira Sacra.
Vida persoal Faleceu nun accidente de moto no alto do Couso aos 43 anos No enterro, oficiado polo bispo de Ourense, Carlos Osoro, falou Xosé Luís Baltar, daquela presidente da Deputación.
Anos despois do seu falecemento o irmán máis novo, Mario Rodríguez, tamén foi alcalde de Esgos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Esgos
Ligazóns externas
Categoría:Alcaldes de Esgos Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Esgos Categoría:Finados en 2001