miniatura| Localización da illa de Porto Rico (verde) A migración corsa a Porto Rico produciuse a mediados do século XIX debido a varios factores; entre estes, os cambios socioeconómicos que se produciron en Europa tras a segunda revolución industrial, o descontento político xeneralizado, o fracaso das colleitas debido a longos períodos de seca e as enfermidades dos cultivos. Outro factor influente foi a paulatina perda do Imperio español e despois do Reino de España da maioría das súas posesións no chamado "Novo Mundo" e o seu temor á posibilidade dunha rebelión nas súas dúas últimas posesións caribeñas: Porto Rico e Cuba. En consecuencia, a Coroa española ditou o real decreto Real Cédula de Gracias, que favorecía e incentivaba a inmigración dos católicos europeos, aínda que non fosen de orixe hispana, ás súas colonias do Caribe.
A situación e as oportunidades ofrecidas (na versión da Wikipedia en italiano engaden tamén a xeografía semellante das dúas illas), fixeron posible que centos de familias emigrasen de Córsega a Porto Rico. Os corsos e os seus descendentes xogaron un papel fundamental no desenvolvemento da economía da illa, especialmente no sector do café.
Historia miniatura| Córsega miniatura| Porto Rico miniatura| Casa Paoli
O primeiro inmigrante corso documentado en Porto Rico Giovanni Maria Fantauzzi foi o primeiro caso documentado dun corso que emigrou a Porto Rico. Naceu en 1734 en Morsiglia, na península de Capo Corso. Chegou ao que hoxe é Aguadilla, en 1760. Casou con Josefa Martínez e tiveron dous fillos: Francisco e Juan María Fantauzzi. Faleceu en novembro de 1798. Grazas ao seu certificado de defunción foi posible confirmar a súa orixeGiovanni Maria Fantauzzi.
Influencia na industria do café Centos de corsos emigraron a Porto Rico xunto coas súas familias desde 1830; o seu número alcanzou o seu máximo en 1900. Os primeiros colonos españois asentáronse principalmente nas zonas costeiras; os corsos, pola súa banda, tendían a establecerse na rexión suroccidental e montañosa da illa, en particular nas cidades de Adjuntas, Lares, Utuado, Ponce, Coamo, Yauco, Guayanilla e Guánica. Porén, foi Yauco, coa súa rica superficie agrícola, o que atraeu á maioría dos inmigrantes de Córsega. Os tres principais cultivos de Yauco foron o café, a cana de azucre e o tabaco. Os novos poboadores dedicáronse ao cultivo destes cultivos e en pouco tempo algúns deles posuíron e xestionaron as súas propias tendas de alimentación. Porén, foi o café o que deu os mellores resultados. O cultivo do café en Yauco comezou nos sectores Rancheras e Diego Hernández, e estendeuse posteriormente aos sectores de Aguas Blancas, Frailes e Rubias. En 1860 os colonos corsos convertéronse en líderes na industria do café en Porto Rico e sete de cada dez plantacións de café eran propiedade de corsos .
A familia Mariani de Yauco decidiu centrarse en dúas liñas de actuación para reforzar a súa posición no sector. En primeiro lugar, unha desmotadora de algodón transformouse nunha máquina de pelar cereixas de café. En segundo lugar, enviaron a dous deles, como representantes, para visitar as máis importantes centrais de compra de café europeas. A visita a Europa foi un éxito e, así, Porto Rico converteuse nunha parte importante da industria do café en todo o mundo.
Os descendentes de colonos corsos tamén tiveron presenza nos campos da educación, a literatura, o xornalismo e a política. O historiador e coronel Héctor A. Negroni (USAF, xubilado), realizou unha investigación sobre o tema, achegando unha gran cantidade de información sobre os lazos entre as dúas illas. Hoxe a cidade de Yauco é coñecida tanto como a "cidade corsa" como a "cidade do café". Un memorial en Yauco di: "En lembranza dos nosos cidadáns de orixe corsa, Francia, que se arraigaron na nosa aldea no século XIX e que enriqueceron a nosa cultura coas súas tradicións e axudaron ao noso progreso coa súa dedicación ao traballo - o concello de Yauco. réndelles homenaxe."
O elemento corso en Porto Rico aínda é moi evidente hoxe en día. Os apelidos orixinarios de Córsega, como Paoli, Negroni e Fraticelli son bastante comúnsCorsican immigrants to Puerto Rico, Retrieved August 3, 2007; os irmáns Palmieri, músicos neoiorquinos, son descendentes de corso-portorriqueños.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobo corso
Ligazóns externas Apelidos corsos en Porto Rico (486 apelidos) Política francesa do século XIX Cafe Yaucano Arquivado en Internet Archive Rexistro Nacional de Lugares Históricos Lista de descendentes corsos e franceses en Porto Rico (en castelán) Asociación Corsa de Porto Rico / Asociación de Corsos de Puerto Rico (En castelán)
Categoría:Historia de Porto Rico Categoría:Historia de Córsega Categoría:Historia dos Estados Unidos de América Categoría:Historia de Europa Categoría:Migración