Carlos Alberto Vázquez Fernández, coñecido como Cavafe, nado o 25 de abril de 1999, é un futbolista cubano que xoga como defensa central no Dornbirn da 2. Liga de Austria e na selección cubana.
Traxectoria Nacido na Habana, aos 3 anos trasladouse a Madrid coa súa familia. Xogou nas categorías inferiores do CD Valdemorillo, o CD Canillas, o CD San Fernando de Henares e o Atlético de Madrid. Tras rematar a súa etapa como xuvenil, en agosto de 2018 regresou ao San Fernando.
Debutou na Tercera División o 26 de agosto de 2018, nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano B. O 1 de febreiro seguinte fichou polo Alcorcón, sendo inicialmente asignado ao filial, tamén de Terceira.
Debutou co primeiro equipo do Alcorcón o 17 de decembro de 2019, nun partido da Copa do Rei contra o CP Cacereño. En xaneiro saíu cedido ao Unionistas de Salamanca, da Segunda División B. Na tempada 2020/21 non contou con minutos no Alcorcón, adestrado por Juan Antonio Anquela, e en xaneiro volveu saír cedido, esta vez ao Navalcarnero.
Desvencellado do Alcorcón, en agosto de 2021 fichou polo Bergantiños, da Segunda RFEF. Disputou 13 encontros co club de Carballo, pero só 5 deles como titular. Descontento coa súa pouca participación, deixou o club en xaneiro de 2022, fichando polo Tudelano, último clasificado da Primeira RFEF. Xogou só seis meses no club navarro, fichando en xuño polo Dornbirn da 2. Liga de Austria.
Selección cubana En marzo de 2021 entrou na histórica convocatoria para a selección cubana que incluía por primeira vez xogadores de clubs estranxeiros. O 25 de marzo de 2021 debutou coa selección nunha derrota por 0-1 ante Guatemala.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en Transfermarkt . Datos do xogador en WorldFootball.net
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na Habana Categoría:Futbolistas de Cuba Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do CD Tudelano Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cuba