Torpedo californica (Ayres, 1855) é unha especie pertencente á familia Torpedinidae.

É endémica das augas costeiras do nordeste do Pacífico, desde a Baixa California até a Columbia Británica. Xeralmente prefere os fondos areosos, pero tamén os cantís e os bosques de algas ou kelp. Vive en augas non moi profundas e pódese atopar até 200 metros de profundidade.

É unha especie solitaria con hábitos nocturnos. En inglés chámase Pacific electric ray porque é capaz de xerar unha tensión eléctrica de 50 voltios que utiliza para capturar presas ou con fins defensivos.

A descarga eléctrica é capaz de atordar a un home. A Torpedo Californica, porén, ten un problema, ten os ollos arriba pero a boca abaixo e cando caza isto crea dificultades para comer, de feito a presa despois de quedar atordada non é comida pola raia, senón que cae no fondo do mar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Raias Torpediniformes

Categoría:Elasmobranquios Categoría:Peixes de América do Norte