Tabasco, oficialmente chamado Estado Libre e Soberano de Tabasco, é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, conforman México.
A súa capital e cidade máis poboada é Villahermosa.
Está situado no sueste do país. Limita ao norte co golfo de México (océano Atlántico); ao leste, con Campeche; ao sueste, con Guatemala; ao sur, con Chiapas, e ao oeste, con Veracruz. Cunha superficie de 24 738 km², é o oitavo estado menos extenso, por diante de Estado de México, Hidalgo, Querétaro, Colima, Aguascalientes, Morelos e Tlaxcala.
Historia Tabasco significa, en náhuatl, lugar onde a terra está húmida. É un territorio cuberto de espesos bosques e selva, con caudalosos ríos e zonas lacustres. En Tabasco desenvolvéronse dúas culturas: a olmeca e a maia, coa fundación de grandes cidades como Comalcalco e Pomoná.Larrocha 2010, p. 95-98.
Foi fundado o 7 de febreiro de 1824.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía