Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda
A Lei da Moeda de 1816 (Coinage Act 1816 —56 GEO. III C.68—)"56 GEO. III. C.68. An Act to provide for a New Silver Coinage, and regulate the Currency of the Gold and Silver Coin in thisn Realm [22 June 1816]". En The Statutes of the United Kingdom of Great Britain and Ireland. 56 George III. 1816. Londres, 1816., coñecida tamén como Lei de Liverpool (Liverpool's Act),Sargent, T. J.; Velde, F. R. (2002). Páxina 303. foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 22 de xuño de 1816 para definir o valor da libra esterlina naquel momento en relación co valor do ouro.
Contido miniatura|Libra esterlina ou soberano de ouro de Xurxo III cuñado en 1817, o primeiro logo da aprobación da Lei da Moeda de 1816. En virtude desta lei, definiuse unha libra troy de ouro estándar de 22 quilates como equivalente a 46 libras, 14 xilins e 6 peniques."British Currency: Gold". En Lisle, G. (1906). Páxina 277. Isto era equivalente, pola súa vez, a 44½ guineas. tendo en conta que o valor da guinea quedou fixado, en decembro de 1717, nunha libra e un xilin.
Consonte o preámbulo da Lei da Moeda de 1816, os seus propósitos eran:
A prohibición do uso da moeda de prata para as transaccións superiores aos 40 xilins. Establecer un padrón ouro único para todas as transaccións, independentemente do seu montante."Currency Reform in England and the Act of 1816". En Scott, W. A. (1920). Páxinas 342-345.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sargent, T. J.; Velde, F. R. (2002). The Big Problem of Small Change. Princeton University Press. ISBN 978-0691116358 Lisle, G. (1906). Accounting in Theory and Practice. William Green & Sons, Londres. Scott, W. A. (1920). Money and Banking. Henry Holt and Company, Nova York.
Ligazóns externas
Publicación orixinal do texto da Lei da Moeda de 1816
Categoría:Leis Categoría:Dereito no Reino Unido Categoría:Moedas do Reino Unido