O peixe piloto (Naucrates ductor) é un peixe cosmopolita e peláxico, perciforme, da familia Carangidae. Acostuma pasar dos 30 centímetros de longo, e pode chegar até os 70 cm, cun corpo alongado con oito bandas verticais negras, cabeza afiada e boca pequena. Ten este nome porque a especie ten o costume de seguir tiburóns, outros peixes grandes, barcos e mesmo obxectos flotantes. Vive en augas cálidas e profundas de todo o mundo. Ao acompañar tiburóns e outros carnívoros, aproveitan os seus restos, mesmo sobre a pel deses peixes grandes, establecendo unha relación simbiótica, sendo observado comer restos de dentro da boca de quenllas.

A autoridade científica sobre a especie é Linnaeus, foi descrita no ano 1758.

Costa atlántica da Península Ibérica Encóntrase presente en practicamente todo o océano Atlántico, incluída a costa de Galiza e Portugal, onde é unha especie nativa.

Os seus nomes comúns son peixe piloto, piollo, piloto ou romeiro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Naucrates ductor - Froese, R. e D. Pauly. editores. 2014. FishBase. Publicación electrónica World Wide Web. www.fishbase.org, (11/2014)

Ligazóns externas Naucrates ductor - Biodiversity Heritage Library - Bibliografia Naucrates ductor - NCBI Taxonomy Database Naucrates ductor - Global Biodiversity Information Facility Naucrates ductor - Encyclopedia of Life

Categoría:Caránxidos Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Peixes do océano Pacífico Categoría:Peixes do océano Índico