Bietan jarrai (do éuscaro bietan, ‘nas/nos dous’, e jarrai, ‘seguir’) foi un lema da banda terrorista ETA. Literalmente significa «seguir nas dúas» ou «perseverar en ambas», en referencia á loita política e á armada. O lema foi creado nunha talla de madeira polo Félix Likiniano, exiliado anarquista e solidario co independentismo vasco.
Simboloxía Está composto por unha serpe, símbolo do sixilo, e unha machada, que representa a forza.
Durante décadas foi o anagrama de ETA. A súa reprodución foi utilizada en comunicados e outros eventos. En setembro de 2017, con motivo do inicio do debate sobre a súa disolución, a imaxe da talla orixinal de Likiniano figuraba en todos os seus comunicados e documentos.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:ETA