thumb|250px|Gráfico que mostra os valores escotópicos da función de luminosidade (CIE 1951). O eixe horizontal é lonxitude de onda, en nm.

thumb|250px|Comparación da eficacia relativa da visión fotópica e escotópica en función da lonxitude de onda da luz.

Visión escotópica (do grego skotos: escuridade e -opia: relacionado coa visión) é a visión producida polo ollo en condicións de pouca luz, é dicir, a percepción visual que se produce con niveis moi baixos de iluminación.Imagen Digital. Notas y apuntes sobre diseño gráfico. A agudeza visual é baixa e a recepción de luz é principalmente cos bastóns da retina, que son sensíbeis á cor azul do espectro (e polo tanto, cego ao roxo/vermello).Carlos Laszlo Lighting Design & Asoc. Consultora Luminotécnica. Non é posible a discriminación da cor neste tipo de visión: é unha visión monocromática.

Fisioloxía Na retina do ollo humano existen dous tipos de células receptoras, sensíbeis á zona do espectro electromagnético coñecida como luz: os bastóns e os conos. Ambos posúen propiedades distintas e operan baixo condicións diferentes. Hai só un tipo de bastóns que operan baixo condicións de baixa luminosidade e tres tipos de conos cuxa preferencia é á alta intensidade de luz.

Outra característica da visión escotópica é que, como os bastóns se atopan na periferia da retina (a uns 6º da fóvea), é unha percepción visual periférica.

Véxase tamén

Efecto Purkinje Visión Visión mesópica Visión fotópica

Notas

Categoría:Ollo Categoría:Óptica