Apenas el Sol é un filme documental de 2020 producido entre Paraguai e Suíza e dirixido por Arami Ullón. O filme, rodado en lingua ayoreo e castelán, foi escollido como candidato de Paraguai para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

O filme conta a historia de Mateo Sobode Chiqueno, un indíxena do pobo ayoreo de Paraguai que leva máis de 40 anos coleccionando voces ayoreo mediante unha rudimentaria gravadora: historias, entrevistas, cancións e rituais.

Sinopse Mateo Sobode Chiqueno conta a historia do pobo ayoreo, que foi desarraigado e realoxado en asentamentos de terras áridas. Tamén relata como as súas terras foron tomadas con violencia e foron obrigados a converterse ao cristianismo. Como consecuencia disto, el ve a súa cultura desaparecer e por iso fixo que o seu traballo vital capturase e documentase a lingua, as tradicións, as historias, a relixión e o modo de vida ayoreo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Paraguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua ayoreo Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Paraguai