Gernikako arbola (A Árbore de Gernika) é o título dunha canción en forma de zortziko. Foi escrita no século XIX polo bertsolari vasco José María Iparraguirre en homenaxe á Árbore de Gernika e aos foros vascos. A música é de Juan María Blas de Altuna e Mascarua, concertista de órgano e primeiro organista da basílica de Lekeitio.

A canción é un himno non oficial para algúns vascos e vascas, aínda que o himno oficial de Euskadi (Eusko Abendaren Ereserkia) é o Gora ta gora de Sabino Arana.

Historia A canción foi composta en Madrid, onde residía José María Iparragirre, arredor de 1853. Poucos días despois da súa composición, a maior parte da numerosa colonia vasca residente en Madrid reuníase unha noite na Fonda de San Luis (na rúa de La Montera). Buscaban escoitar o popular bardo que, entre outras, disque ía cantar novos zortzikos seus.

Na hora sinalada a Fonda atopábase completamente cheo e o público agardaba a presentación do artista urretxuarra. Iparragirre, acompañado no piano polo seu paisano Altuna, daba a coñecer a súa composición dedicada á Árbore de Gernika, que produciu verdadeiro entusiasmo

e espontáneos bravos e aplausos. Aquela mesma noite o público mesmo o memorizou. A última hora, a Árbore de Guernica era cantada por un gran número de voces, e Iparragirre e Altuna recibían unha calorosa ovación.

Segundo José Manterola, o ano seguinte Iparragirre regresou a Euskadi. Nunha das frecuentes romaxes que o bardo amenizaba cos seus cantos e a súa guitarra, deu a coñecer ante un inmenso xentío o seu zortziko. O público encheuse de entusiasmo e promoveu unha manifestación pacífica, mais impoñente. O goberno considerou que a presenza do bertsolari en Euskadi resultaba perigosa para a tranquilidade pública.

En calquera caso, o Gernikako Arbola obtivo en Euskadi a aprobación do pobo, como pouco antes a alcanzara en Madrid. Desta maneira, foi elevado á categoría dun verdadeiro canto histórico-popular entre o pobo vasco.

Nun elocuente discurso a prol dos foros vascos do antigo ministro isabelino Pedro de Egaña no Senado o 16 de xuño de 1864, deuse a coñecer a letra da canción en castelán. O carlista andaluz José Suárez de Urbina compuxo, amais, unha orixinal letra do himno en castelán.

Letra

|- style="vertical-align: top;"

Gernikako Arbola

Gernikako arbola da bedeinkatua Euskaldunen artean guztiz maitatua. Eman ta zabal zazu munduan frutua adoratzen zaitugu arbola santua.

Mila urte inguru da esaten dutela Jainkoak jarri zuela Gernikako arbola. Zaude bada zutikan orain da denbora eroritzen bazera arras galdu gera

Ez zera eroriko arbola maitea baldin portatzen bada Bizkaiko Juntia. Laurok hartuko degu pakian bizi dedin euskaldun jendia. Betiko bizi dedin Jaunari eskatzeko jarri gaitezen danok laister belauniko. Eta bihotzetikan eskatu ezkero arbola biziko da ''orain eta gero. </td> Arbola botatzia dutena pentsatu denak badakigu. Ea bada jendia denbora orain degu erori gabetanik eduki behar degu. Beti egongo zera uda berrikoa lore aintzinetako mantxa gabekoa. Erruki zaite bada bihotz gurekoa denbora galdu gabe emanik frutua. Arbolak erantzun du kontuz bizitzeko eta bihotzetikan Jaunari eskatzeko, gerrarik nahi ez degu pakea betiko, gure lege zuzenak hemen maitatzeko. Erregutu diogun Jaungoiko Jaunari pakea emateko orain eta beti. Eman indarra ere zerorren lurrari eta bendezioa ''Euskal Herriari.

A árbore de Gernika

Bendita é a Árbore de Gernika, amada por todos os euskaldúns. Dá e estende o teu froito polo mundo, adorámoste, Árbore sagrada.

Hai uns mil anos que se di que Deus sementou a Árbore de Gernika. Mantente en pé agora e sempre, se caes estamos perdidos.

Non caerás, Árbore querida, se a Xunta de Biscaia se porta. Unirémonos a ti as catro provincias para que viva en paz os fieis éuscaros.

Axeonllémonos todos para pedirlle ao Señor que a nosa Árbore viva para sempre. E se llo pedimos de corazón, a Árbore vivirá agora e sempre.

Todos sabemos que planearon derrubar a Árbore. Veña, paisanos, esta é a nosa hora, manteñámolo en pé sen que caia.

Vivirás sempre en primavera, antiga flor sen mancha. Apiádate de nós, querida Árbore, danos o teu froito sen perder máis tempo.

A Árbore respóndenos que vivamos alerta e que llo pidamos a Deus con fervor. Non queremos guerra, senón paz duradeira para que se respecten as nosas rectas leis.

Pidámoslle a Deus o Noso Señor que nos conceda paz agora e sempre, e que lle dea tamén forza á túa terra e a súa beizón ao País Vasco.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas «Gernikako arbola», en YouTube Versión coral de «Gernikako arbola», en YouTube «Gernikako arbola da cidade de Lima», en YouTube

Categoría:Cancións en lingua éuscara