Barakat é un filme surafricano de 2020 dirixido por Amy Jephta e producido por Ephraim Gordon. Está protagonizado por Vinette Ebrahim xunto con Joey Rasdien, Mortimer Williams, Quanita Adams e Keeno Lee Hectormade nos papeis secundarios. É o primeiro filme musulmán en lingua afrikaans producido en Suráfrica.

O filme recibiu moitos premios. En 2020, no Festival Internacional de Cinema Motion Pictures, o filme gañou o premio á mellor longametraxe, e no festial de 2020, gañou dous premios: mellor montaxe e mellor produción. Ese mesmo ano no Festival Internacional de Cine Idyllwild, Barakat gañou catro premios máis: Mary Austin Award Excellence á mellor dirección, mellor elenco, mellor filme internacional e mellor actor secundario, así como gañou o Premio Finalista á mellor banda sonora orixinal. Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme trata sobre problemas familiares nos que unha matriarca envellecida pretende reunir á súa familia fracturada e disfuncional por Eid-al-Fitr e máis tarde fala sobre o seu novo romance.

Personaxes Vinette Ebrahim como Aisha Davids Joey Rasdien como Zunaid Mortimer Williams como Zaid Quanita Adams como Ra-eesah Keeno Lee Hector como Yaseen Danny Ross como Nur June van Merch como Fadielah

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suráfrica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua afrikaans Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Suráfrica