Maksim Viktorovich Suraiev, nado en Cheliabinsk o 24 de maio de 1972, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-13M e foi membro das expedicións 21, 22, 40 e 41 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Suraiev graduouse con honores como enxeñeiro e piloto na Escola Kachin de Pilotos para a Forza Aérea en 1994. Despois graduouse como enxeñeiro investigador e piloto na Academia Zhukovski da Forza Aérea en 1997 e graduouse en dereito pola Academia Rusa de Servizo Civil en 2007.
Adestrouse como cosmonauta entre decembro de 1997 e decembro de 1999, participando nas misións Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-13M e sendo membro das expedicións 21, 22, 40 e 41 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 334,51 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-16 Soiuz TMA-13M Expedición 21 Expedición 22 Expedición 40 Expedición 41 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no óblast de Cheliábinsk