Joaquín Yarza Ormazábal, nado en Donostia en 1898 e finado en Vigo en 1972, foi un mariño e industrial naval español. Serviu na Armada, chegando a capitán, e dedicouse á industria naval en Vigo, creando entre outras empresas o estaleiro Construcciones Navales Yarza.

Traxectoria Era fillo do innovador do sector industrial naval José Joaquín Yarza Albea, natural de Donostia. Enrolouse na Armada e foi maquinista naval, sendo destinado a varios buques como o Bonifaz, Almirante Cervera ou o Laya. Xa como capitán, foi profesor na Academia de Maquinistas, e en 1935 entrou na Escola de Maquinistas de Ferrol para especializarse en motores. Durante a guerra civil foi desterrado, e trala fin do conflito, destinado ao cruceiro Galicia.

En 1941 instalouse definitivamente en Vigo, onde se dedicou ao sector industrial naval. Xunto con Luis Iglesias Fernández, industrial e presidente do Celta de Vigo, comercializou a marca de queimadores Yarigle (acrónimo de Yarza e Iglesias), así como outros instrumentos navais. En 1952 creou en Teis o estaleiro Construcciones Navales Yarza, xunto aos seus irmáns Tomás e Román. Joaquín retirouse nos anos 60, cando a empresa familiar se fusionou con Ascón.

Vida persoal Casou en 1923 con Carmen Luaces Grandal, coa que tivo varios fillos, entre eles o historiador da arte Joaquín Yarza Luaces, que naceu en 1936 en Ferrol.

Notas

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Militares do País Vasco Categoría:Mariñeiros Categoría:Empresarios de Galicia