miniatura|Típica larva con forma de C dun escaravello da superfamilia Bostrichoidea miniatura|Como comparación, típica larva recta dun escaravello da familia Cerambycidae, non relacionada cos Bostrichoidea

Os Lyctinae son un grupo de setenta especies de escaravellos que atacan a madeira (trazas) que forman unha subfamilia. Estes escaravellos forman parte da superfamilia Bostrichoidea. Aínda que a maioría dos escaravellos que furan a madeira teñen grandes protórax, estas especies non, o que fai que as súas cabezas sexan máis visibles desde arriba. Ademais disto, as súas antenas teñen mazas con dúas articulacións. Considéranse unha praga e atacan árbores de folla caduca, reducindo co tempo a súa madeira a po. Os danos que causan os escaravellos da familia dos Cerambycidae confúndense a miúdo cos que causan estes animais, pero os dous grupos non están relacionados. As larvas dos cerambícidos son brancas, rectas e xeralmente de cabezas achaiadas, mentres que as dos Bostrichidae son brancas e con forma de C.

Ciclo vital As larvas dos Lyctinae pasan meses ou anos dentro da madeira mentres se desenvolven, alimentándose principalmente do seu contido en amidón. A súa presenza só é aparente cando emerxen como adultos, deixando atrás aberturas do tamaño dun pequeno buratiño de 0,79 a 3,2 mm de diámetro, dependeno da especie. Tamén poden deixar debaixo moreíñas de excrementos pulverulentos. Se as condicións da madeira son as correctas, a femia pode poñer ovos e reinfectar a madeira, continuando o ciclo durante xeracións.

Materiais que atacan Aliméntanse de árbores caducas, incluíndo algunhas de madera dura ou branda, segundo a especie. Algunhas de madeira dura son inmunes de forma natural se teñen un baixo contido en amidón ou se os seus diámetros de poro son demasiado pequenos para que o ovipositor da femia se poida meter para poñer os ovos.

Para preservar a madeira e previr a infestación por escaravellos pódese utilizar borato e unha fumigación frecuente das estruturas.

Tamén poden infestar ferramentas de madeira ou mangos, marcos, mobles, almacéns de armas, libros, xoguetes, bambú ou madeira para chans e estruturas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Lyctinae en Fauna Europaea Powderpost Beetle Fact Sheet da National Pest Management Association con información sobre hábits, hábitat e prevención Pragas de museo incluíndo os lictinos no National Park Service. Powderpost beetles – The other, other wood destroying insects da Michigan State University Extension. o efecto dos escaravellos nas estruturas de madeira.

Categoría:Bostrichiformia