O Corpo de Voluntarios "Benito Juárez García" foi un continxente mexicano que participou na Guerra civil española, integrado nas Brigadas Internacionais. Historia Creado tras o comezo da Guerra civil española como unha unidade de voluntarios, tiña como obxectivo combater a prol da Segunda República Española, ameazada polo golpe de estado comandado por Emilio Mola e despois por Francisco Franco. A intervención de tropas nazis e fascistas en favor do bando sublevado tivo como resposta a chegada de numerosos voluntarios internacionais en defensa da República española.
A unidade, da que se descoñece o número, estaba integrada por crioulos, ex-revolucionarios e milicias do Exército mexicano, así como militantes socialistas e comunistas, entre outros. Dirixiu o continxente Felipe Garrido Llovera, fillo do comunista mexicano Tomás Garrido Canabal, fundador das Camisas Rojas. A unidade foi nomeada en honor ao destacado político mexicano de mediados do século XIX.Cdigital.uv.mx («Memorias de un excombatiente: Nestor Sánchez Hernández»)
Unha vez organizado en España, foi integrado na XV Brigada Internacional. O continxente cesou as súas operacións en 1938, coa retirada dos voluntarios internacionais e a disolución das Brigadas en outubro dese ano.Robert A. Rosenstone. Crusade of the Left: The Lincoln Battalion in the Spanish Civil War, pp. 140ss. New York, Pegasus 1969.
México foi un país de acollida de moitos exiliados, entre os que se atopaban os coñecidos como Nenos de Morelia.Niñosdemorelia.blogspot.mx («Las vías del exilio. Niños de Morelia: un éxodo a México.»)
Os exiliados españois participaron nas reformas culturais e educativas do entón presidente Lázaro Cárdenas del Río. A contratación de mestres e de artistas como Luis Buñuel deu como resultado a fundación do Colexio de México, centro de investigación e ensino superior.Corchea69.com («Ciencia, Arte y Pensamiento en el Exilio: Españoles en México [1936-1977]»)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Brigadas Internacionais Tte. Francisco Tarazona Torán
Categoría:Brigadas Internacionais