miniatura|Representación artística de Symphonie 2. Symphonie foi unha serie de dous satélites de comunicacións europeos froito da colaboración entre Francia e Alemaña.

Características Os dous satélies Symphonie foron satélites experimentais cos que Europa gañou experiencia no campo das comunicacións por satélite. O proxecto comezou en 1967 como unha colaboración entre Francia e Alemaña. Os dous satélites eran relativamente pequenos, de 230 kg ao chegar á órbita xeoestacionaria, estaban estabilizados nos tres eixos e usaban paneis solares. Cada un levaba dous transpondedores e excederon o seu tempo de vida previsto de cinco anos. Foron lanzados entre 1974 e 1975, con Symphonie 1 sendo enviado a unha órbita cemiterio en 1983 e Symphonie 2 en 1985. Construíuse unha terceira unidade, pero non foi lanzada. Para os lanzamentos usáronse foguetes Delta 2914, aínda que orixinalmente estaba planeado usar foguetes Europa 2 que nunca chegaron a estar en servizo.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasSymphonie 119 de decembro de 1974Delta 2914ÉxitoSymphonie 227 de agosto de 1975Delta 2914Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Europa 2 Delta 2914

Categoría:Satélites artificiais