Miguel da Silva e Menezes, nado en Évora en 1480 e finado en Roma en 1556, foi un nobre portugués do século XVI, embaixador en Roma, bispo de Viseu (1526) e cardeal da Igrexa Católica Romana (1539). Na historiografía coñécese coa antonomasia coa que foi nomeado en vida: Cardeal de Viseu. De familia relixiosa, era sobriño de Santa Beatriz da Silva e do Beato Amadeu da Silva. O seu pai, Conde de Portalegre, foi figura destacada na corte de D. Manuel I. Obtivo del unha bolsa de estudos que lle permitiu ir en 1500 a estudar Humanidades e Teoloxía a París. A súa formación prolongouse por máis dunha década, con estancias en Siena e Boloña. Coñecido polo seu dominio das linguas antigas e cultura clásica, foi amigo persoal do pintor Rafael e Baldassare Castiglione dedicoulle a súa obra Il Cortegiano (O Costesão).

Figura destacada do Alto Renacemento, foi un célebre coñecedor do latín e do grego e mecenas das artes. Reflectindo a ascensión da súa familia na corte de Lisboa, foi nomeado por Manuel I embaixador en Roma. Logo da morte do rei regresou a Lisboa contrariado, por orde de Xoán III en 1525, con quen mantivo tensións (o seu pai casara en terceiras nupcias con Leonor de Austria, que estaba prometida co propio D. Xoán; a súa oposición á entrada da Inquisición en Portugal á que o rei era favorábel; ou a súa negativa a deixarlle participar no Concilio de Mantua etc.). Por intercesión do Papa Clemente VII foi nomeado bispo de Viseu en 1526.

Vendo que a súa posición se deterioraba rapidamente, fuxiu a Italia en 1540, escapando en cousa de horas dunha orde real de arresto. En Roma foi recibido calorosamente por Paulo III.

O seu cardealado foi oficializado en 1541 (en 1539 in pectore). Como cardeal, o seu titulus cambiou até que se instalou en Santa María in Trastevere en 1553. O papa tamén o nomearía bispo e administrador da cidade de Massa Marittima, na Toscana, en 1539. Foi legado papal en Venecia, Ancona e Boloña. Participou nos conclaves de 1549-1550 e abril-maio de 1555. O rei de Portugal nunca lle perdoou a fuga, desnaturalizándoo e condenado por traizón en 1542. Moveu influencias para que Miguel da Silva fose extraditado e planeaba asasinalo. Malia a furia real, viviu os últimos 15 anos da súa vida en Roma cheo de riquezas e favores, finando na Cidade Eterna o 5 de xuño de 1556 .

Familia e xuventude

Estirpe paterna: Casa da Silva miniatura|Armas dos Silva Miguel da Silva naceu na Casa dos Condes de Portalegre. A súa familia paterna remóntase aos Silva que servían na corte de Galiza e León na Alta Idade Media. A súa liñaxe patrilínea remóntase a Pelaio Guterres da Silva, portucalense de finais do século X. Señor dunha Domus Fortis coñecida como Torre de Silva, do seu matrimonio cunha descendente de Ramiro II de León, naceu o compañeiro de armas de D. Afonso Henriques, D. Guterre Alderete da Silva.FREIRE(1973).Brasões da.... Volume II, px.3.GAYO(1989).Nobiliário....Volume IX, px.383. Os Silva permaneceron na nobreza de segunda liña até o ascenso da dinastía Avis e a resolución do Interregno de 1383-1385. A finais do s. XIV suman ás súas terras miñotas e beirás alcaidarias da raia alentexana como Ouguela ou Alter do Chão.FREIRE(1973).Brasões da.... Volume II, px.15.GAYO(1989).Nobiliário....Volume IX, px.384. Polos servizos da familia á coroa reciben de D. Manuel I o dito condado en 1498. PEREIRA(1904).Dic. Histórico.... Volume 5, px.887.

O núcleo familiar Miguel da Silva é fillo do 1º conde de Portalegre, D. Diogo, polo seu matrimonio coa nobre castelá María de Ayala, neta do Señor das Illas Canarias CASTRO(1945).O Cardeal de Viseu GAYO(1989).Nobiliário....Volume IX, px.385, era veterano das guerras no que hoxe é Marrocos e acompañara a D. Afonso V nas guerras con Castela. D. Xoán II nomeouno gobernador da Casa do Infante D. Manuel. quen ao herdar o trono en 1498 fíxo del Mordomo-mor, membro do Consello Real, escriba da pureza e capataz do patrimonio. O ascenso de D. Diogo baixo o monarca explicará en boa medida as portas abertas ao seu fillo PEREIRA(1904).Dic. Histórico.... Volume 5, px.887.

As súas irmás, Inês e Joana, casaron co conde de Monsanto e con Afonso de Noronha, futuro conde de Linhares e curmán do rei GAYO(1989).Nobiliário....Volume IV, px.265GAYO(1989).Nobiliário....Volume VII, px.595 O irmán máis vello herdou a casa paterna en 1504 e casou, como a súa irmá, na Casa de Bragança.SOUSA(1946).Hist. Genealógica....Tomo X, px.71 Entre seus tíos e curmáns houbo alcaldes coma os de Campo Maior, Elvas, Pombal etc. GAYO(1989).Nobiliário....Volume IX, px.386SOUSA(1946).Hist. Genealógica....Tomo XII, px.266 e señores como Rui Mendes de Vasconcelos, Senhor de Figueiró GAYO(1989).Nobiliário....Volume X, px.99 ou João de Magalhães, da Ponte da Barca.GAYO(1989).Nobiliário....Volume VII, px.162

A familia relixiosa era moi devota, particularmente a San Francisco de Asís e as súas dúas irmás máis novas, D. Guiomar e D. Filipa, profesaran en conventos franciscanos. CASTRO(1945).O Cardeal de Viseu GAYO(1989).Nobiliário....Volume IX, px.385 Beatriz da Silva foi canonizada en 1926 e João da Silva (beato Amadeu) foi eremita en Italia BUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.145FREIRE(1973).Brasões da.... Volume II, px.20 Diogo de Sousa, primo seu, chegaría a ser bispo de Porto e arcebispo de Braga.SOUSA(1946).Hist. Genealógica....Tomo XII, px.251

Formación humanística esquerda|miniatura|300px|Colexio da Sorbona da Universidade de París en 1530, ao que asistiu Miguel da Silva Como segundoxénito de Casa Portalegre, foi excluído da herdanza paterna por costume da nobreza, que foi pasando das participacións feudais da Idade Media ao réxime de primoxenitura. Por tanto, D. Miguel tivo que conseguir independencia económica por dúas vías: procurando o valimento do rei a través das armas ou cargos curiais, ou ben na carreira eclesiástica. Demostrando grandes aptitudes intelectuais dende pequeno e pola súa devoción familiar, D. Miguel foi destinado á vía relixiosa. Non hai datos, porén, da súa formación ou ordenación como sacerdote. CASTRO(1945).O Cardeal de Viseu BUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.145

Ademais de París, viaxou a universidades do norte de ItaliaBUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.145; díxose del que era un matemático brillante e tiña facilidade para as linguas. Aprendeu latín e grego, ademais de francés e toscano. CASTRO(1945).O Cardeal de Viseu BUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.146 A súa poesía foi maiormente en latín. Nos círculos humanísticos fíxose amigo de grandes nomes do Renacemento, como Pietro Bembo, Jacopo Sadoleto, Paolo Giovio ou Matthieu Brouard, coñecido como Beroaldo.

Miguel da Silva incorporou os ideais renacentistas a través da súa formación universitaria, vinculándose máis á cultura e filosofía dos romanos e gregos da Antigüidade, do que á escolástica medieval. CASTRO(1945).O Cardeal de Viseu BUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.146

Embaixador en Roma (1514–1525)

Chegada a Roma (1515) miniatura|Curia Romana retratada nun episodio escandaloso, presidida por Lucrezia Borgia en ausencia do seu pai Alexandre VI En 1514, aos 35 anos, é nomeado embaixador do rei D. Manuel na Curia Romana. O nomeamento dun axente permanente en Roma era unha novidade na Corte de Lisboa. O nomeamento do primeiro emisario permanente en Europa data de 1487: Rodrigo González de la Puebla, embaixador da coroa de Castela, emisario dos Reis Católicos na Court of St. James en Londres. A diplomacia moderna comezou a plasmarse nas relacións entre os numerosos estados italianos dos séculos XIII e XIV. A práctica diplomática e a arte floreceron no século XV cos intentos de Francia e o Sacro Imperio de influír na política italiana. Porén, o concepto de embaixador permanente, dende o punto de vista da diplomacia persoal, era novidoso na época de D. Miguel.

En 1521 chegou a Lisboa o primeiro embaixador de Castela. En 1522 intercambiáronse embaixadores con Francisco I de Francia, Honoré de Caix chegou a Lisboa seguido dun representante portugués a París. En 1525, foi nomeado o primeiro embaixador ante Carlos V: António de Azevedo. Os nuncios apostólicos proliferaron baixo os pontificados de León X e Clemente VII, establecéndose Marco Vigerio, bispo de Sinigallia, en Lisboa en 1532SILVA(1862).Copo Diplomático.... Tomo I. D. Miguel foi así o segundo embaixador residente na historia portuguesa, introducindo tamén o cifrado na correspondencia diplomática cos monarcas portugueses. BUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.147SILVA(1862).Copo Diplomático.... Tomo I, px.267

A comezos de 1515, chega a Roma despois da extraordinaria embaixada de Tristan da Cunha ante o Papa León X. BUESCU(2010).D.João III e D.Miguel....px.147 Polas rúas de Roma desfilaron animais salvaxes como o elefante Hanno, que se converteu na mascota do Papa, e o rinoceronte (logo naufragado) que inspirou a famosa xilografía de Dürer.BEDINI(1997).The Pope's Elephant.px.112-132 esquerda|miniatura|O Arco di Portugalo tal e como sería no século XVI; reconstrución por Rossini, 1835 Os seus deberes inmediatos eran representar a Portugal no V Concilio de Letrán, negociar as dispensas papais para o matrimonio do infante D. João con Leonor d'Áustria (que nunca tería lugar) e interceder polo instalación da Inquisición en Portugal como se fixera en Castela e Aragón en 1478, coa instauración da chamada inquisición española. CASTRO(1945).O Cardeal de ViseuGÓIS(1566).Crónica do Felicíssimo....Ed.1954.capítulo 55–57

O nobre sacerdote instalouse nun palacio da Via del Corso (daquela vía Lata), no centro de Roma: o Palazzo Fiano, construído por Uxío IV, e outro cardeal portugués Jorge da Costa, o cardeal d'Alpedrinha, vivira nel até a súa morte en 1506. O pazo xa era coñecido como Palazzo di Portugalo cando chegou D. Miguel. O edificio constaba de dúas ás, unha a cada lado da rúa, unidas por un arco. O arco foi unha construción da época romana erixida polo emperador Aureliano na entón Vía Flaminia, coñecido como Arco di Portugallo pois formaba parte da residencia do embaixador. O arco foi finalmente derrubado a finais do século XVI para ampliar a rúa. CASTRO(1945).O Cardeal de Viseu

Contexto internacional a principios do XVI No que atinxe ás relacións internacionais en xeral e ao ámbito relixioso en particular, a entrada á Modernidade foron anos de gran volubilidade na escena política. Os desequilibrios nas balanzas de poder foron unha constante en toda Europa. Nos primeiros anos do século produciuse a rápida aparición da Casa d'Austria na persoa do emperador Carlos V, herdeiro de medio continente. O ascenso foi tanto máis espectacular canto máis firme se opuxeron a Francia baixo Francisco I, que se viu rodeada polos Habsburgo. Anos nos que o mozo Henrique VIII non comprometía a Inglaterra con ningunha facción durante moito tempo. Un período que viu o ascenso de Solimán o Magnífico ao trono da Porta Sublime no Levante e o inicio dunha guerra expansionista que incendiou os Balcáns e só remataría ás portas de Viena en 1529 .

Nos círculos relixiosos, o V Concilio de Letrán non respondeu ás críticas que xerminaban e culminaron nas famosas 95 Teses de Martín Lutero en 1517. Comezou o movemento da Reforma Protestante, que prometía manter a Europa Central en interminables guerras relixiosas e que só remataría en 1648 co Tratado de Westfalia. En contraste coa visión ascética e iconoclasta dos reformistas, a curia romana viviu con esplendor e magnificencia plasmada no mármore na nova basílica de San Pedro, cuxa construción comezou en 1506. Miguel da Silva viviu e gozou deste ambiente de amor ao Home e á Beleza que emanaba da intensa e vibrante vida artística e cultural da península italiana en pleno Renacemento.

So o pontificado de León X (1515-1521) miniatura|Papa León X, amigo persoal de D. Miguel, pintado por Rafael Sanzio