Alfons Vila i Franquesa, coñecido como Shum, nado en Sant Martí de Maldà (provincia de Lleida) o 19 de novembro de 1897 e finado en Cuernavaca (México) o 28 de agosto de 1967 ., foi un debuxante e caricaturista catalán. Outros pseudónimos que usou foron Joan Baptista Acher e L'artista de les mans trencades (O artista das mans rotas). A súa militancia anarquista provocou varios encarceramentos e o exilio ao final da Guerra civil española. Traxectoria

Publicou en Solidaridad Obrera, Justícia Social, La Campana de Gràcia, L'Opinió, La Humanitat, Rambla, L'Esquella de la Torratxa, Papitu, ou Visca!, entre outros. .

En outubro de 1922 foi condenado a morte pola súa participación nun intento de asasinato contra o xeneral Martínez Anido. e a explosión que se produciu mentres se manipulaban artefactos, que provocou a destrución do edificio e a morte de cinco persoas na rúa Toledo de Barcelona. A condena provocou unha campaña solidaria que reclamaba a abolición da pena de morte, na que participaron figuras tan destacadas como Màxim Gorki, Errico Malatesta, Santiago Ramón y Cajal, Valle-Inclán e especialmente a escritora Concha Espina, quen persoalmente reclamou o indulto ao directorio militar. . A campaña tamén incluíu unha exposición monográfica dos seus debuxos no Ateneu Enciclopèdic Popular. Luís Seoane pronunciou unha conferencia de apoio a Shum e Bagaría no Centro republicano de Santiago.

A condena foi finalmente conmutada por cadea perpetua, e foi indultado en 1931, con Victoria Kent como directora xeral de prisións da República.

En 1934 foi nomeado membro da Junta de Museos de Barcelona. Formou parte do Grupo dos Seis xunto con Helios Gómez, Alfred Pascual i Benigani, Marcel·lí Porta i Fernanda, Lluís Elias i Bracons e Josep Bartolí i Guiu e participou na Unión de Ilustradores Profesionais.

Loitou na fronte durante a guerra civil e exiliouse en Francia ao remate do conflito. Máis tarde viviu na República Dominicana Petició permís de residència a República Dominicana. Foto i firma Cuba, Estados Unidos e finalmente en Cuernavaca, México, onde morreu.

Homenaxes O estudo Shum. El dibuixant anarquista (Shum. O artista anarquista) contén textos de Josep Maria Cadena, Lluis Solà e Jaume Capdevila. A través del pódese reconstruír as peculiares vicisitudes da vida deste home inclúen unha traxectoria tan breve e catastrófica no anarquismo barcelonés, seguida da súa fuxida de España e o seu paso por distintos países para desembarcar en México, onde morreu.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Josep Maria Cadena, Jaume Capdevila e Lluís Solà (2019). Shum. El dibuixant anarquista, Diminuta, Barcelona. ISBN 9788494637612 .

Outros artigos Segunda República Española Luis Bagaría Castelao Humor gráfico

Ligazóns externas Biografía de Alfons Vila i Franquesa, ‘Shum’ [Ignacio C. Soriano] – Ser Histórico (serhistorico.net) .

Categoría:Anarquistas de Cataluña Categoría:Debuxantes de España Categoría:Caricaturistas de España Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados na provincia de Lleida