Pedro Blanco Iglesias, coñecido como Pedro Blanco de Crespo, nado en Donramiro (Lalín) en 1843 e finado en Cuntis o 24 de maio de 1905, foi un funcionario, político e escritor galego.
Traxectoria Fillo natural de María Blanco Iglesias e José Crespo Villar quen non o recoñeceu pero si o protexeu. Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo. Nunha das visitas ao seu tío Vicente Crespo Villar, párroco de Santa María de Troáns (Cuntis) coñeceu á mestra Carmen Torres Fuentes e xa ordenado, decidiu renunciar ao sacerdocio para casar con ela. Casaron en 1872 e instaláronse en Cuntis. Foi alcaide na aduana de Santander de 1872 a 1874. A partir de 1874 foi secretario do Xulgado de Cuntis e foi nomeado notario público do arciprestado de Moraña en 1896.Gaceta de Galicia, 15-10-1896, p. 2. Próximo a Emilio Castelar e Eugenio Montero Ríos, organizou en Cuntis o Comité Republicano. Colaborou en La Oliva,El Derecho, 24-7-1870, p. 1-2. La Concordia, El Heraldo Gallego, El Diario de Santiago, El Correo Gallego, Gaceta de Galicia, El Eco de Galicia, El Eco de Tambo, La Razón, La Opinión, El Diario, El Miño e Noticiero de Vigo. Finou en Cuntis o 24 de maio de 1905.La Democracia, 27-5-1905, p. 3.
Obra La loca de Guimarey. El castillo de Briones. Ensayos literarios. Los misterios de un roble. El carballo do norte.
Vida persoal
Casou con Carmen Torres Fuentes en 1872 e foi pai de Enriqueta, Segismundo, Esmeralda, Germán, Corina, Mario, Leonor, Nuño e Roberto Blanco Torres. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Blanco Fuentes e o seu tempo
Outros artigos
Roberto Blanco Torres
Ligazóns externas Pedro Blanco de Crespo, "el humanista de Donramiro" Ficha do autor en Galiciana
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Lalín
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público