dereita|miniatura|Rodrigo Cuevas no festival Agrocuir de Monterroso. Rodrigo Cuevas González, nado en Oviedo en 1985, é un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, DJ e presentador de televisión asturiano. Na súa música e espectáculos, incorpora bases electrónicas á música tradicional, e viste vestimenta rural mesturada cun estilo cabaré e pin-up.

Traxectoria Naceu en Oviedo, e estudou piano e tuba no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner (CONSMUPA) da súa cidade. Posteriormente estudou sonoloxía na Escola Superior de Música de Catalunya (Esmuc) de Barcelona. Abandonou os estudos e trasladouse a vivir a Galiza, primeiro en Santiago e posteriormente na aldea de Barbeira de Arriba, no concello da Lama, onde pasou oito anos. Alí, da man dos veciños iniciouse na música e no baile tradicional galego. Nesta etapa formou xunto con Lúa Gándara un dúo musical de cabaré e "verbena psicodélica", La Dolorosa Compañía, co que publicou no ano 2012 o disco Yo soy la maga, no que repasaba as cancións tradicionais galegas. Neste dúo Rodrigo Cuevas tocaba o acordeón, e os dous intérpretes presentábanse como Jimena Fernández e Fernando Jiménez, respectivamente.

En 2016 publicou Príncipe de Verdicio, que incluía a canción que o deu a coñecer entre o gran público: "O ritmo de Verdiciu". Neste tema fusionou a canción tradicional asturiana "Soy de Verdicio" con "Ritmo de la noche", a canción disco dos noventa do grupo belga Mystic.

En 2017 publicou un EP en homenaxe ao cantante Tino Casal, no que se inclúen dúas versións deste artista asturiano, Haunted e Panic in the Edén. Nesta última canción, contou coa colaboración de Mari Luz Cristóbal Caunedo e Femme Estupenda, entre outras.

En 2026 publicou Manual de Belleza, no que conta coa colaboración de artistas como Ana Belén, Mala Rodríguez, Massiel, Grande Amore, Pan Sen Fron, Mapi Quintana e Tarta Relena.

Espectáculos En 2014 estrea o seu primeiro espectáculo Electrocuplé no que fusiona a canción tradicional asturiana coa canción, o cabaré e o burlesque. Con Electrocuplé, Rodrigo Cuevas realizou máis de cen concertos por toda España.

En 2017 presentou no Teatro de la Laboral de Xixón o seu segundo espectáculo, El Mundo per Montera, no que combinou o mundo tradicional e rural co urbano, excéntrico, crítico e tecnolóxico.

En 2019 publicou o disco Manual de Cortejo en colaboración con Raül Refree no que incluíu a canción Rambal en homenaxe ao transformista xixonés asasinado en 1976, Alberto Alonso Blanco ( Rambal). Tamén inclúe unha versión da canción de copla andaluza, El día que nací yo, orixinal de 1936 cantada por Imperio Argentina na película Morena Clara. Tamén estreou o seu terceiro espectáculo, Trópico de Covadonga, do que é protagonista e director. Aborda o concepto de tempo e os ciclos do ano en formato de cancioneiro popular contemporáneo. Engade códigos musicais actuais ás historias e cancións populares, ademais de humor, performance e electrónica. Este espectáculo está producido por Raül Refree.

Outros proxectos e colaboracións En 2016 foi embaixador da sidra asturiana con Denominación de Orixe Protexida.

Durante a Semana do Audiovisual Contemporáneo de Oviedo (SACO) de 2017 presentouse o documental sobre a súa vida, Rodrigo Cuevas. Campo e tablas, dirixida por Manuel García Postigo e Ojos de Hojalata, e producida por Álex Zapico. En 2017, Rodrigo Cuevas foi o mestre de cerimonias do Festival Internacional de Cinema de Xixón e do Oh! das Artes Escénicas de Asturias.

En 2018 creou a música da obra Sidra en Vena de Montgomery Entertainment, escrita e dirixida polo dramaturgo Juanma Pina. Tamén protagonizou o musical Horror, el show que nunca se debió de hacer, no que interpretou o papel de Frank-N-Furter. Este musical foi unha homenaxe á serie de televisión estadounidense American Horror Story. En 2018 presentou o programa El Camí para el canal autonómico de Asturias, TPA, no que percorreu as etapas do Camiño de Santiago no Principado de Asturias.

Durante o confinamento da pandemia de COVID-19 en abril de 2020, Cuevas gravou un vídeo homenaxe a Alberto Alonso Blanco "Rambal", Rambalín en corentena, para conmemorar o 34 aniversario do seu asasinato. Contou coa colaboración dos músicos Mapi Quintana, Rubén Bada, Tino Cuesta e Juanjo Díaz e da pintora e cantante Leticia Baselgas. Cuevas tamén traballou como disc jockey co sobrenome artístico de Frixuelo de Sangre DJ. En 2021 fundou a asociación La Benéfica, Asturias, xunto con Sergi Martí e Nacho Somovilla coa intención de crear un centro de artes vivas para a expresión artística cultural, a acción comunitaria e a loita contra o abandono e o despoboamento do rural. no edificio da antiga Caridade de Piloña, a Sociedade de Socorro Mutuo.

Discografía miniatura|Rodrigo Cuevas en El mundo por montera.

Discos de estudio Yo soy la maga (EP, 2012) Prince of Verdiciu (EP, 2016) Embrujada/Pánico en el Edén (EP, 2017) Manual de cortejo (2019) Manual de romería (2023) Manual de belleza (2026)

Sinxelos

Verdiciu (2016) Toro Barroso (2016) Embrujada (2018) El día que nací yo (2019) Muiñeira para a filla da bruxa (2019)

Recoñecementos En 2017 recibiu o Premio AMAS ao Mellor Artista Revelación. En marzo dese mesmo ano foi nomeado asturiano do mes pola Nova España. Un ano despois foi galardoado co popular personaxe Urogallo polo Centro Asturiano de Madrid.

En 2019 recibiu a Residencia de Produción do Programa de Artes Escénicas da Residencia Laboral da Cidade da Cultura de Xixón polo seu espectáculo Trópico de Covadonga. Ese mesmo ano recibiu o Premio GAVA da Asociación Clúster da Industria Creativa, Cultural e Audiovisual de Asturias ao Mellor Presentador de TV pola súa participación no programa El Camino.

En 2020, xunto co grupo musical "Muyeres", o grupo de teatro "Nova" e o xeólogo Luis Miguel Rodríguez Terente, foi galardoado co Premio Yumper aos valores humanos. Ao ano seguinte foi recoñecido co Premio Ojo Crítico de Música Moderna que concede Radio Nacional de España. E tamén gañou o Premio Serondaya 2021 á Innovación Cultural na categoría de Artes.

En 2023 foi Premio Nacional das Músicas Actuais.

Notas

Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Activistas LGBT de España Categoría:Nados en 1985 Categoría:Compositores de Asturias Categoría:Acordeonistas de Asturias Categoría:Presentadores de televisión de Asturias Categoría:Cantantes de España