Iris Xiomara Castro Sarmiento, nada en Tegucigalpa o 30 de setembro de 1959, é unha política hondureña e a 56ª presidenta de Honduras. Tomou oficialmente o seu cargo o 27 de xaneiro de 2022. É a primeira muller presidenta do país, así como o primeiro presidente que non é membro nin do Partido Liberal nin do Partido Nacional dende que se restableceu a democracia en 1982.

Castro representou ao Partido Liberdade e Refundación de esquerdas nas eleccións xerais hondureñas de 2013, 2017 e 2021, presentándose como candidata do partido á presidencia de Honduras en 2013 e 2021 e á vicepresidenta de Honduras en 2017, como compañeira de fórmula de Salvador Nasralla. Como antiga primeira dama do país, foi líder do movemento que resistiu o golpe de estado de 2009 contra o seu marido Manuel Zelaya, que foi o presidente entre 2006 e 2009. Castro foi elixida presidenta de Honduras nas eleccións xerais hondureñas de 2021.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web persoal

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Tegucigalpa Categoría:Presidentes de Honduras