A Braña é unha parroquia do concello asturiano de El Franco. Nos seus 15,7 km² habitaban en 2021 un total de 148 persoas distribuídas entre os lugares de Bargaz, A Braña, El Caroceiro, El Chao das Trabas, Grandamarina, Mendois, Mercadeiros, Pena de Cabras, Romelle e Villarín. Entre as edificacións da parroquia salienta o Santuario da Braña, igrexa parroquial que data do século XVIII e que era unha capela que se ampliou, ao constituír A Braña freguesía en 1795, nunha primeira fase ata 1825 e nunha segunda fase ata 1837 pero que proseguiu logo e rematou coa construción da torre en 1896. Á esquerda da igrexa está a fonte santa da Nosa Señora da Braña onde os fieis católicos en peregrinación realizan ofrendas á Virxe durante a romaría da Virxe da Braña que se celebra o 15 de agosto e tamén é costume botar moedas nas súas augas para pedirlle favores á Virxe.
Demografía
Notas
Braña