Marina Garcés Mascareñas, nada en Barcelona o 30 de maio de 1973, é unha filósofa e ensaísta catalá. É profesora adxunta da materia Pensamento filosófico e científico contemporáneo na Universidade Aberta de Cataluña. Foi profesora titular de Filosofía na Universidade de Zaragoza durante quince anos. Tamén foi profesora noutras universidades como a Universidade Pompeu Fabra ou a Universidade de Xirona, a través de varios mestrados. Impulsou o proxecto colectivo Espai en Blanc de pensamento crítico e experimental. Un dos conceptos centrais do seu pensamento é o común na forma de desenvolver alternativas para afrontar as crises actuais. Defende a filosofía como forma de vida, unha arte que nace na rúa e continúa ininterrompida no espazo íntimo e invisible.
Traxectoria Estudou Filosofía na Universidade de Barcelona, onde se doutorou en 2001 coa tese Las prisiones de lo posible. Desde 2002 impulsa e coordina o proxecto Espai en Blanc, unha aposta colectiva por unha relación comprometida, práctica e experimental co pensamento filosófico. Residente en Barcelona, exerce como profesora titular de Filosofía na Universidade de Zaragoza. Colaborou coa Universidade Aberta de Cataluña, coa Universidade Pompeu Fabra e coa Universidade de Xirona. Desde 2016 é membro do profesorado do Programa de Estudos Independentes do MACBA e dirixe a Aula Aberta do Instituto de Humanidades do CCCB. En 2017 foi a pregoeira das Festas da Mercè. O seu discurso provocou a polémica polos atentados do 17 de agosto dese ano.
Pensamento Os seus referentes son Baudelaire, Immanuel Kant, o confucianismo e Jaurès. Malia as súas aproximacións ao marxismo heterodoxo da escola de Frankfurt na obra Nova il·lustració radical, as súas razóns teñen máis que ver co relativismo posmoderno e a filosofía confucionista.
Marina Garcés percibe a filosofía como unha práctica vinculada non só ao mundo académico, senón tamén relacionada cos movementos sociais e culturais, que cualifica como un territorio de experimentación, resposta e compromiso.
Considera que as novas formas de politización se caracterizan polo anonimato. Non se trata do anonimato das masas, da homoxeneización, da uniformidade, senón da vida que se pode dicir ao mesmo tempo en primeira persoa do singular e do plural. Algo que non se fai desde unhas siglas concretas, representantes, senón desde unha presenza compartida. Trátase de querer reapropiarse da vida e, ao mesmo tempo, de abrir espazos para unha politización radical da vida. En Filosofía inacabada (2015) fálase do "fin dos grandes homes". Cuestiona o feito de que todos os filósofos fosen homes, brancos, occidentais e acomodados, e sinala que hoxe hai un cambio cara á feminización, á precariedade e á colectivización do pensamento filosófico.
Publicacións
Premios
2018 - Premio Ciutat de Barcelona - na categoría de ensaio, ciencias sociais e humanidades pola súa obra Nova il·lustració radical.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Marina Garcés Marina Garcés en Noms Propis Espai en Blanc Aula aberta do Instituto de Humanidades do CCCB Entrevista en El Periódico
Categoría:Profesores da Universidade de Zaragoza Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Filósofos de Cataluña Categoría:Profesores da Universidade de Xirona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade Aberta de Cataluña