miniatura|Epitelio xerminal do testículo. 1 lámina basal, 2 espermatogonia, 3 espermatocito primario, 4 espermatocito secundario, 5 espermátida, 6 espermátida madura, 7 célula de Sertoli, 8 unión hermética (barreira hematotesticular) miniatura|Corte histolóxico a través do parénquima testicular dun porco. 1 Lume do túbulo seminífero contorneado, 2 espermátidas, 3 espermatocitos, 4 espermatogonias, 5 célula de Sertoli, 6 miofibroblastos, 7 células de Leydig, 8 capilares

Unha espermatogonia é unha célula xerminal masculina indiferenciada. As espermatogonias sofren a espermatoxénese, ao final da cal se orixinan os espermatozoides maduros nos túbulos seminíferos dos testículos. As espermatogonias divídense por mitose e son células diploides, mentres que os espermatocitos se dividen por meiose.

Existen tres substipos de espermatogonias en humanos: Células de tipo Ad (dark), con núcleos escuros. Estas células son unha reserva de células nais espermatogoniais que non adoitan realizar unha activa mitose. Células de tipo Ap (pale), con núcleos pálidos. Son células nais espermatogoniais que están realizando unha activa mitose. Estas células divídense producindo as células de tipo B. Células de tipo B, que crecen e convértense en espermatocitos primarios.

Cando as espermatogonias se dividen, a citocinese é inclompleta e quedan unidas por pontes citoplasmáticas, formando sincitios. O mesmo ocorre cos espermatocitos e as espermátidas durante a espermatoxénese.

Fármacos anticancerosos

Fármacos anticancerosos como a doxorrubicina e a vincristina poden afectar adversamente á fertilidade masculina ao causaren danos no ADN das células nais espermatogoniais proliferativas. A exposición experimental de espermatogonias indiferenciadas de ratas á doxorrubicina e á vincristina indicou que estas células poden responder aos danos no ADN incrementando a expresión de xenes de reparación do ADN e que esta resposta probablemente prevén parcialmente a acumulación de roturas no ADN. Ademais da resposta de reparación do ADN, a exposición de espermatogonias á doxorrubicina pode tamén inducir a morte celular programada (apoptose).

Galería

Notas

Categoría:Células xerminais