«SloMo» é unha canción da cantante española Chanel. Foi publicada o 21 de decembro de 2021 baixo o selo de BMG Spain. Foi elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 na final do Benidorm Fest 2022.
Eurovisión 2022 O 10 de decembro de 2021 anunciouse que Chanel participaría con "SloMo" na vindeira edición inaugural do Benidorm Fest, festival de música utilizado como proceso de selección do representante español para o Festival da Canción de Eurovisión. O sinxelo foi lanzado en formato de descarga dixital o 24 de decembro de 2021 e presentouse en directo durante a primeira semifinal do Benidorm Fest o 26 de xaneiro de 2022, na que Chanel obtivo a puntuación máis alta da noite tanto de xurados como de televoto. Tamén obtivo o maior número de puntos na gran final do 29 de xaneiro. Deste xeito, a canción foi seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión 2022. Ademais, como España é membro do "Big Five", a proposta avanzou automaticamente á final, que se celebrará o 14 de maio de 2021 no Palasport Olimpico de Turín, Italia.
Formatos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos España no Festival da Canción de Eurovisión
Ligazóns externas Chanel gaña o Benidorm Fest con "SloMo". Así foi a súa actuación, vai a Eurovisión! en RTVE.es
Categoría:Cancións de España en Eurovisión Categoría:Sinxelos de 2021