Annette von Droste-Hülshoff, nada no castelo de Hülshoff (preto de Münster) o 12 de xaneiro de 1797 Sobre o problema da data de nacemento de Droste-Hülshoff.Para un resumo do debate sobre a data de nacemento, ver Walter Gödden: Annette von Droste-Hülshoff. Eine Dichterchronik. 1993, p. 23. (segundo outras fontes o 10 de xaneiro de 1797. Biografía en Burg-Huelshoff.de.Google widmet Annette von Droste-Hülshoff ein Doodle.) como Anna Elisabeth Franzisca Adolphina Wilhelmina Ludovica Freiin (baronesa) von Droste zu Hülshoff e finada no castelo de Meersburg en Meersburg o 24 de maio de 1848, foi unha escritora e compositora alemá.

miniatura| Annette von Droste-Hülshoff, pintura de Johann Joseph Sprick (1838)Sinatura de Droste-Hülshoff:centro|senmarco|165x165px

Traxectoria Orixe e formación dereita|miniatura|Annette von Droste-Hülshoff, daguerrotipo; unha das dúas fotografías da poetisa tomadas en 1845. miniatura|Castelo de Hülshoff, representación de Alexander Duncker. Annette von Droste-Hülshoff, nada o 12 de xaneiro de 1797Segundo outras fontes, o 10 ou o 14 de xaneiro, por exemplo na biografía de Annette von Droste-Hülshoff na Lexikon Westfälischer Autorinnen und Autoren, recuperada o 24 de xuño de 2009.Wilderich von Droste zu Hülshoff: 900 Jahre Droste zu Hülshoff- Verlag LpV Hortense von Gelmini, Horben 2018, ISBN 978-3-936509-16-8.Referat. Thema: „Die Judenbuche“ von Annette von Droste Hülshoff. no castelo de Hülshoff, entre Havixbeck e Roxel, preto de Münster, procedía dunha das familias nobres máis antigas de Westfalia e pertencía á 20ª xeración da súa familia. Foi a segunda dos catro fillosFür den 14. Januar spricht ein wissenschaftlicher Aufsatz von August Schröder in den Beiträgen zur Westfälischen Familienforschung, Band 33–35, 1975–1977. de Clemens-August II von Droste zu Hülshoff (1760-1826) e Therese von Haxthausen (1772-1853), os que homenaxeou no seu fragmento Bei uns zu lande auf dem Lande. A súa irmá máis vella, Jenny, a súa confidente máis achegada, pintou varios retratos da poeta. O seu irmán máis novo, Werner-Constantin, sucedeu o seu pai na herdade e o irmán máis novo, Ferdinand, que Annette coidara con devoción, morreu mozo nada máis facerse enxeñeiro de montes.

A poeta e a súa obra tamén están marcadas pola súa orixe. Como familia que pertencía á nobreza libre, os Droste zu Hülshoffzur Herkunft ihrer Familie s. Wikipedia-Seite Burg Hülshoff, Diskussion estaban emparentados coa alta nobreza da Idade Media. O primeiro antepasado directo mencionado nun documento de 1209 era un cabaleiro e vasalo do príncipe-bispo de Münster. Como tal está representado o antepasado Heinrich I von Droste zu Hülshoff nun relevo ecuestre nunha torre da casa dos pais da poeta. Máis tarde, os seus familiares rara vez tiveron que prestar servizo militar; o seu tío avó, o xeneral Heinrich-Johann von Droste zu Hülshoff, é coñecido sobre todo polas reformas da casa familiar da poeta. En cambio, na familia paterna predominaba o carácter civil, eclesiástico e urbano (a pesar da ampla propiedade de predios): ao ser familia do patriciado urbano,  moitos antepasados xa ocuparan na Idade Media o cargo hereditario de administrador (al. Droste), do cabido catedralicio de Münster, así como cargos de alcaldes e concelleiros da cidade de Münster, e algúns xa a representaran na Dieta hanseática. Como señores de Hülshoff e doutros predios, os seus antepasados exercían tamén a xurisdición inferior e o padroado da igrexa parroquial de San Pantaleón (Roxel); na mocidade da poeta, o seu pai exercía ademais (baixo o mando de Napoleón) o cargo de maire (alcalde) desta vila próxima a Hülshoff, sendo responsable, entre outras cosas, das tarefas policiais. Numerosos parentes de ambas familias eran cóengos de cabido ou de colexio e canonisas; o seu tío avó, Ernst Konstantin von Droste zu Hülshoff, participou no goberno do príncipe-bispo de Münster como deán da catedral, o seu tío Heinrich Johannes foi o último prepósito nobre da catedral no goberno de Münster e a súa tía avoa e madriña, Anna-Elisabeth von Droste zu Hülshoff (1733-1805), foi unha das últimas do mosterio segrar para mulleres nobres, o Damenstift Metelen.

Mentres que os membros masculinos da familia adoitaban ter unha formación universitaria, as mulleres acostumaban recibir a súa educación nestes mosteiros de canonisas. A nai de Annette, por exemplo, vivira no mosteiro de San Bonifacio (Freckenhorst) dende os trece anos, onde recibira unha excelente educación da abadesa Francisca Lucia von Korff zu Harkotten und Störmede. Mentres que a súa irmá Jenny aínda puido facerse canonisa no mosteiro de Hohenholte, este tipo de educación e seguridade material xa non foi posible para Annette debido á abolición destas institucións como resultado da secularización.

Os pais de Annette destacaban entre a nobreza de colexiata pola súa formación literaria e musical: antes do seu nacemento viviran na cidade de Münster, onde pertenceran ó Círculo relixioso de Münster no contexto da Ilustración Católica. Bernhard Overberg tamén pertencía a este círculo; a súa pedagoxía (moderna para a época), que tamén promovía a educación das mulleres, foi modelo para a educación dos irmáns Droste-Hülshoff. A conexión da súa familia coa literatura xa se establecera nos séculos XVI e XVII a través do humanista Everwin Droste e do membro da Sociedade Frutífera (academia da lingua alemá), Everwin von Droste zu Möllenbeck. Na súa familia tamén existía unha tradición musical dende había xeracións. A propia Annette, xunto cos seus irmáns, foron instruídos primeiro pola súa culta nai, despois por un capelán da casa que máis tarde se converteu en profesor do instituto Paulinum (Münster), e por unha institutriz francesa.Wilderich von Droste zu Hülshoff: 900 Jahre Droste zu Hülshoff. Verlag LpV Hortense von Gelmini, Horben 2018, ISBN 978-3-936509-16-8. Deste xeito, a nena, moi curiosa, adquirira unha formación excepcional para a educación das nenas naquela época, que incluía, por exemplo, literatura en latín, grego, francés e inglés, así como Historia, Xeografía e Historia Natural.

Droste-Hülshoff como escritora miniatura| O Fürstenhäusle en Meersburg, antigamente propiedade da poeta. Na actualidade, Casa Museo Droste. Desde moi nova, Annette von Droste-Hülshoff leu moito e estaba ben instruída en literatura alemá, inglesa e francesa, así como nos discursos literarios da época. Non só fixo un uso extensivo das bibliotecas das residencias da súa familia, senón que tamén foi unha ávida clienta dos prestamistas de libros e membro dun salón literario en Münster, a chamada Heckenschriftsteller-Gesellschaft, que a súa íntima amiga Elise Rüdiger fundara e á que pertenceu o seu protexido Levin Schücking. A correspondencia que mantivo con numerosos intelectuais da época dentro e fóra da súa familia contén moitas xoias literarias e mostra a súa apreciación dos escritores máis novos, como B. Ferdinand Freiligrath e Wilhelm Junkmann, a quen coñecía persoalmente. Porén, negouse a se deixar influenciar polas tendencias de moda e os intentos por gañar notoriedade, pois estaba o suficientemente segura de si mesma como para anticipar a súa fama póstuma.Wilderich von Droste zu Hülshoff: Annette von Droste-Hülshoff im Spannungsfeld ihrer Familie (= Aus dem deutschen Adelsarchiv. Band 11). C. A. Starke Verlag, Limburg (Lahn) 1997, ISBN 3-7980-0683-0.

A publicación do seu primeiro volume de poesía en Aschendorff en 1838, aínda medio anónimo por temor á reacción, foi un fracaso. Porén, mantívose fiel á súa vocación, tomou moi en serio o seu traballo literario e era consciente da importancia das súas creacións artísticas. As súas baladas fixéronse famosas (por exemplo Die Vergeltung, O desquite e Der Knabe im Moor, O neno no pantano), así como a súa novela curta Die Judenbuche (A faia dos xudeus), que foi traducida a moitas linguas e levada á gran pantalla. Aínda hoxe en día a súa poesía tamén segue sendo importante. A natureza da rexión de Münster, o lago de Constanza cos Alpes e os lugares históricos onde se desenvolve a súa obra serviron de inspiración para a poeta que a miúdo remite a estes lugares. Debido ás súas vívidas descricións da natureza, aínda hoxe é coñecida como a poeta por excelencia de Westfalia e do lago Constanza.

Aínda que se considera unha poeta católica desde o Kulturkampf (combate cultural),ela rexeitaba calquera estreiteza confesional: moitos dos seus amigos íntimos e parentes eran protestantes. Tamén lía os escritos críticos coa relixión de Ludwig Feuerbach, por exemplo. Un importante documento de profunda relixiosidade é o seu ciclo de poemas, Das geistliche Jahr, no que, como era típico da época, se plasma tamén o conflito natural do ser humano entre a conciencia ilustrada e a fe relixiosa. Annette von Droste-Hülshoff deixou un poema para cada día do ano litúrxico, o que mostra a súa condición de católica practicante. Dedicoulle a primeira parte deste traballo á súa nai cunha dedicatoria, na que anticipaba que esta non chegaría a comprender os seus conflitos internos na súa extensión. Algunhas das alusións que fixo nesta obra considéranse agora autobiográficas, xa que traballou en todo o ciclo durante máis de 20 anos. miniatura| O lado leste do castelo de Meersburg. Desde 1837 era amiga do arriba mencionado escritor e crítico literario Levin Schücking, quen era moito máis novo ca ela. Era fillo da poeta e amiga dos seus pais Katharina Sibylla Schücking, quen morreu cando Levin tiña uns 17 anos. Axudoulle ó avogado novo a introducirse na escena literaria deixándolle de forma anónima os seus textos para a obra Das malerische und romantische Westphalen, que escribiu con Freiligrath. Grazas á mediación de Annette von Droste-Hülshoff, en 1841 converteuse en bibliotecario do seu cuñado no castelo de Meersburg. A maioría dos poemas «seculares» foron escritos en Meersburg inspirados polo amor maternal e os  coñecementos literarios del, o que levou á chamada «aposta do poeta». A saída de Schücking en 1842 para buscar un maior desenvolvemento profesional e casar coa poeta Louise von Gall, afectouna tanto como as súas indiscrecións sobre a nobreza na súa obra Die Ritterbürtigen, xa que participaba no movemento da Alemaña Moza (Junges Deutschland). Por iso chegou, tamén baixo a presión da súa familia, a romper a súa relación co seu amigo.

Dentro da historia literaria, a obra de Annette von Droste-Hülshoff pertence nun principio ó Romanticismo, pero a Judenbuche xa é parte do Realismo. A gran poeta non quería ser famosa en vida, senón «que continuasen lendo as súas obras cen anos despois». Coa súa visión case moderna da alma, a súa vontade de sacrificio, a súa confianza en si mesma e a súa creatividade, superou a moitas persoas da época e converteuse así nun modelo a seguir para moitas mulleres ata o día de hoxe. Na actualidade a súa obra non só forma parte do canon escolar, senón que a súa vida e obra inspiran as autorías contemporáneas. A complexidade da súa personalidade e da súa obra ofrecen puntos de partida para interpretacións psicolóxicas e parapsicolóxicas, pero tamén para interpretacións erróneas á luz das ideoloxías contemporáneas. En definitiva, Droste-Hülshoff segue sendo unha xenia poética que nunca poderá ser explorada por completo.

Droste-Hülshoff como música e compositora miniatura| Busto no xardín do castelo de Hülshoff, 2006 miniatura| Meersburg, entrada ó castelo Vello: Busto de Annette von Droste-Hülshoff A evolución de Annette como unha das escritoras máis coñecidas de Alemaña foi nos primeiros anos parello da súa actividade como música e compositora. Ao longo de moito tempo, o seu traballo como compositora non se tivo en conta e caeu no esquecemento, malia que a súa música e poesía interactuaban nos seus inicios.