Antonio Lage-Seara, nado en Viveiro o 15 de xullo de 1987, é un comunicador, coleccionista e político galego. Traxectoria Activista cultural e social, estivo vencellado á política local dende novo. Foi concelleiro de Viveiro co PPdeG. Estudou na Universidade Europea de Madrid e Universidade Camilo José Cela. Foi bolseiro na Embaixada de España en Bulgaria.

Organizador de exposicións e relatorios. Realizou traballos relativos á historia da Mariña de Lugo, divulgando figuras coma Manuel Bujados, Domingo Fontán, Enrique Cal Pardo, Ramón Díaz Freijo, Bartolomé Basanta, Gómez Pérez das Mariñas, Camelia Cociña, Manuela Barreiro, Maruxa Mallo, Xulia Minguillón, Carlos Oroza, Lino Novás Calvo.

Tamén promoveu a Viveiro por varios países, ademais de rememorar os seus lazos diplomáticos.

É colaborador en medios coma La Vanguardia, La Voz de Galicia, COPE, El Progreso, Landro, Mundiario ou Crónica3 onde escribe artigos e reportaxes sobre opinión política, xeopolítica e historia.

Residente en Chicago, onde colabora na proxección da cultura e colectividade galega.

No ámbito persoal é neto de Antonio Lage Méndez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Galegos.info

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade Camilo José Cela Categoría:Alumnos da Universidade Europea de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Viveiro