miniatura|Representación dos satélites THEMIS en órbita. Time History of Events and Macroscale Interactions during Substorms ou THEMIS é unha serie de satélites artificiais lanzados para estudar fenómenos xeomagnéticos.

Características THEMIS consta de cinco satélites idénticos coa misión de estudar a inestabilidade das subtormentas magnetosféricas en órbitas con alturas de varios radios terrestres. O uso de varios satélites permite obter datos simultáneos desde diferentes puntos da magnetosfera terrestre, o que permite comprobar a orixe das subtormentas e outros fenómenos en combinación con observacións feitas desde observatorios terrestres.

Cada un dos satélites estabilízase mediante xiro e foron lanzados no mesmo foguete, un Delta 7925, o 17 de febreiro de 2007. Cada satélite leva os seguintes instrumentos:

Magnetómetros tridimensionais de porta de fluxo e bobina. Un detector de campo eléctrico. Un analizador electrostático para medir ións e electróns de enerxías entre 5 eV e 30 keV. Un telescopio de estado sólido para medir ións e electróns de enerxías entre 20 keV e 1 MeV.

Despois da primeira fase da misión os satélites comezaron a fase denominada Artemis na que se adican a estudar subtormentas solares e os cintos de radiación terrestres. Os dous satélites denominados P1 e P2 foron enviados a unha órbita de Lissajous arredor dos puntos de Lagrange L1 e L2 da Lúa para estudar o vento solar, as ondas de choque e a contorna magnética lunar, para posteriormente ser enviados a órbitas elípticas arredor do noso satélite para continuar seus estudos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7925

Categoría:Satélites artificiais