Geraldine Ferraro, nada en Newburgh o 26 de agosto de 1935 e finada en Boston o 26 de marzo de 2011, foi unha política estadounidense. Membro da Cámara de Representantes, foi a primeira muller candidata á vicepresidencia do país por un dos dous grandes partidos, o Partido Demócrata, nas eleccións presidenciais de 1984.
Traxectoria Geraldine Ferraro era filla de Dominick Ferraro, un inmigrante italiano dono de dous restaurantes,Ferraro and Francke, My Story, p. 17. pp. 2–3, 88–90. e de Antonetta L. Corrierie, tamén italiana. Tivo tres irmáns que naceran antes ca ela, mais un faleceu cando era neno e outro aos tres anos. Ferraro doutorouse con honores en dereito na Universidade Fordham en 1960.
En 1979 foi nomeada membro da Cámara de Representantes polo 9.º distrito electoral de Nova York.
En 1984 Ferraro foi escollida polo candidato presidencial Walter Mondale como candidata á vicepresidencia,«JACKSON APPLAUDS MONDALE ON 'CLOSING OF GENDER GAP'.» The New York Times, 13 de xullo de 1984 despois de considerar outros candidatos como Gary Hart e Jesse Jackson.«Trying to Win the Peace.» Time, 12 de xullo de 1984 Aínda que Ferraro era católica, a Igrexa católica criticouna por estar a favor do aborto.«Pressing the Abortion Issue» . Time, 24 de setembro de 1984
De 1993 a 1996 serviu como embaixadora dos Estados Unidos na Comisión de Dereitos Humanos da ONU durante a administración de Bill Clinton. En 2008, Ferraro expresou o seu apoio á candidatura presidencial de Hillary Clinton.«What we Learned the Hard Way.» Newsweek, 25 de decembro de 2006
En 1998, foille diagnosticado un mieloma múltiple, aínda que non o fixo público ata 2001, data en que comezou a dar charlas sobre a súa doenza. Faleceu o 26 de marzo de 2011 a consecuencia do cancro que a afectou durante case trece anos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Text of speech accepting Democratic Party nomination for Vice President of the United States, 19 de xullo de 1984 FBI file on Geraldine Ferraro "Geraldine Ferraro" – Vídeo producido por Makers: Women Who Make America Geraldine Ferraro: Paving the Way – Documental sobre Geraldine Ferraro "Geraldine A. Ferraro collected news and commentary" en The New York Times
Categoría:Nados no condado de Orange, Nova York Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por cancro Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana