Antonio Sánchez Quiroga, coñecido como Follés, nado no Saviñao cara a 1913 e finado en Lugo o 14 de xaneiro de 1937, foi un militar e político galego.
Traxectoria Facía o servizo militar na base aérea de León, e nos primeiros días da revolución de Asturias de 1934 participou nun movemento de apoio aos sublevados; asaltaron o arsenal e impediron a engalaxe dos avións repletos de bombas para descargar sobre Oviedo. Detido, un tribunal de guerra condenouno a 20 anos de prisión,Alborada, 3-9-1935, p. 1. que se reduciron a 16 meses no forte de Guadalupe de Irún. Logo do triunfo da Fronte Popular foi amnistiado e regresou a Escairón con Antonio Nieves Ferreiro, sendo recibidos con fogos artificiais e un banquete o 1 de marzo.El Pueblo Gallego, 25-2-1936, p. 14.El Pueblo Gallego, 6-3-1936, p. 13.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto xunto co seu irmán Bernardo.El Pueblo Gallego, 11-8-1936, p. 8. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 28 de decembro xunto con Manuel Pérez Fernández, Jesús Nieves Sánchez e os seus irmáns Francisco e Bernardo,La Voz de la Verdad, 29-12-1936, p. 3. foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo o 14 de xaneiro de 1937 con Agustín Rouco Vilar.La Voz de la Verdad, 15-1-1937, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1937