A bandeira dos ainus é unha bandeira étnica que representa ao pobo ainu do Xapón que foi deseñada por Bikki Sunazawa, un escultor xaponés de ascendencia ainu, no ano 1973. O fillo de Bikki, Jin Sunazawa reclama a propiedade dos dereitos de autor e solicita o desuso da bandeira.

Tras repetidas peticións dun amigo seu, Bikki Sunazawa deseñou a bandeira en 1973, aínda que se distanciou do activismo político que buscaba apoio do goberno. Porén, un grupo ainu mostrou a bandeira cando marcharon nunha celebración dos maios en Sapporo ese mesmo ano. Aínda que está amplamente aceptada como a bandeira ainu, a súa visibilidade como símbolo é moi ocasional.

Descrición A proporción da bandeira é 2:3. A bandeira consiste nun campo azul cerúleo que representa o ceo e o mar, unha figura branca que representa a neve e unha frecha vermella que voa debaixo do ceo de Hokkaido. A frecha é vermella debido ao veleno do acónito que se usa na caza tradicional, unha forma de vida prohibida polos xaponeses. A figura branca, comunmente coñecida como Bikki mon'yō, non é un motivo tradicional ainu, senón unha invención do propio Bikki.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Cultura ainu Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 1973