miniatura|480px|Organización territorial de Letonia desde o 1 de xullo de 2021
A República de Letonia componse, segundo a reorganización territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2021, de 36 municipios (en letón, novadi) e 7 cidades autónomas (en letón, valstspilsētas).
Historia Tras a anexión en 1940 da primeira República de Letonia por parte da Unión Soviética, a subdivisión do país estableceuse en 3 óblast. En 1949 os soviéticos levaron a cabo unha reforma administrativa como resultado da cal os condados e parroquias foron substituídos por distritos e aldeas, respectivamente.Tukuma rajons Co tempo, os límites dos distritos cambiaron varias veces.
Despois de que Letonia recuperou a súa independencia en 1991, disolvéronse as aldeas e, no seu lugar, recreáronse as parroquias, mentres que os distritos conservaron o seu status; Letonia compoñíase entón de 26 distritos e 7 cidades autónomas. Tras a reforma territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2009, o país subdividiuse en 110 municipalidades (en letón, novadi) e 9 cidades republicanas (en letón, Republikas pilsētas), cada unha coa súa apropia administración.Rajonu pašvaldību reorganizācijas likums
O 10 de xuño de 2020 o Saeima aprobou unha reforma municipal que reduciría os 110 municipios e 9 cidades republicanas a 42 unidades de goberno local que consistían en 36 municipios (novadi) e 7 cidades estatais (valstspilsētas). O 1 de xuño de 2021, o Tribunal Constitucional de Letonia ditaminou que a anexión do municipio de Varakļāni ao de Rēzekne era inconstitucional. En resposta, o Saeima decidiu coservar a existencia do municipio de Varakļāni como unha 43ª unidade de goberno local.
División administrativa actual Cidades estatais A lei de 2020 sobre territorios administrativos e áreas poboadas designou a Ogre e as nove cidades republicanas anteriores como cidades estatais. Tamén prevía a promoción de Iecava e Koknese ao status de cidade estatal o 1 de xullo de 2021. Porén, baixo a mesma lei, só as sete cidades estatais enumeradas na seguinte táboa terían gobernos locais que serían independentes de calquera municipio. As cidades estatais de Jēkabpils e Valmiera convertéronse en parte do municipio de Jēkabpils e o municipio de Valmiera, respectivamente, o 1 de xullo de 2021.
№ Cidade Poboación(estimación 2021)Produto rexional bruto (PRB)en miles de millóns de €,2018PRB per cápita en €,2018 1.Daugavpils 80 627 0,693 8 400 2.Jelgava 55 336 0,583 10 400 3.Jūrmala 50 248 0,421 8 600 4.Liepāja 67 964 0,897 13 000 5.Rēzekne 26 839 0,283 10 100 6.Riga 614 618 16,395 25 800 7.Ventspils 33 372 0,470 13 600
Municipios A táboa seguinte contén os 36 municipios de Letonia:
Municipio''' Aizkraukle Alūksne Augšdaugava Ādaži Balvi Bauska Cēsis Dobele Gulbene Jelgava Jēkabpils Ķekava Krāslava Kuldīga Kurzeme Meridional Limbaži Līvāni Ludza Madona Mārupe Ogre Olaine Preiļi Rēzekne Ropaži Salaspils Saldus Saulkrasti Sigulda Smiltene Talsi Tukums Valka Valmiera Varakļāni Ventspils
División administrativa previa a 2021 Cidades republicanas (2009-2021) Número Cidade republicana 1. Daugavpils 2. Jēkabpils 3. Jelgava 4. Jūrmala 5. Liepāja 6. Rēzekne 7. Riga 8. Valmiera 9. Ventspils
Municipios (2009-2021) A táboa seguinte contén os antigos 110 municipios de Letonia, por orde alfabética: Municipio Aglona Aizkraukle Aizpute Aknīste Aloja Alsunga Alūksne Amata Ape Auce Ādaži Babīte Baldone Baltinava Balvi Bauska Beverīna Brocēni Burtnieki Carnikava Cēsis Cesvaine Cibla Dagda Daugavpils Dobele Dundaga Durbe Engure Ērgļi Garkalne Grobiņa Gulbene Iecava Ikšķile Inčukalns Ilūkste Jaunjelgava Jaunpiebalga Jaunpils Jēkabpils Jelgava Kandava Kārsava Koknese Krāslava Krimulda Krustpils Kuldīga Ķegums Ķekava Lielvārde Līgatne Limbaži Līvāni Lubāna Ludza Madona Mālpils Mārupe Mazsalaca Mērsrags Naukšēni Nereta Nīca Ogre Olaine Ozolnieki Pārgauja Pāvilosta Pļaviņas Preiļi Priekule Priekuļi Rauna Rēzekne Riebiņi Roja Ropaži Rucava Rugāji Rundāle Rūjiena Salacgrīva Sala Salaspils Saldus Saulkrasti Sēja Sigulda Skrīveri Skrunda Smiltene Stopiņi Strenči Talsi Tērvete Tukums Vaiņode Valka Valmiera Varakļāni Vārkava Vecpiebalga Vecumnieki Ventspils Viesīte Viļaka Viļāni Zilupe
División administrativa (1991-2009)
Desde 1991, o país estaba formado por trinta e nove condados (en letón, rajons) e sete cidades autónomas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Distritos de Letonia Xeografía de Letonia
Categoría:Xeografía de Letonia