British European Airways (BEA), formalmente British European Airways Corporation, foi unha aeroliña británica que existiu dende 1946 ata 1974.
BEA operou rutas cara Europa, norte de África e Oriente Medio dende aeroportos de todo o Reino Unido.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA), Vol. 45, No. 6, pp. 44/5, 49 (Jet equipment), Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012 A aeroliña tamén foi o operador británico máis grande, servindo as principais cidades do país, como Londres, Manchester, Glasgow, Edimburgo e Belfast, ademais de áreas das Illas Británicas como as Highlands e as illas de Escocia, as Illas da Canle e a Illa de Man.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Highlands and Islands – Never on a Sunday), Vol. 45, No. 6, p. 46, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012 BEA tamén operou unha rede de rutas internas en Alemaña entre Berlín occidental e Alemaña occidental como parte dos acordos da guerra fría que regulaban a viaxe aérea dentro do país.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Internal German Services – Berlin-bound), Vol. 45, No. 6, p. 51, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012 O eslogan da compañía era "Número un en Europa".
Formada como unha división de British Overseas Airways Corporation (BOAC) o 1 de xaneiro de 1946, BEA converteuse nunha empresa estatal propia o 1 de agosto de 1946.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Post-war pioneers), Vol. 45, No. 6, p. 45, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
As súas operacións comezaron dende os aeroportos de Croydon e Northolt, con avións de Havilland DH89A Dragon Rapide e Douglas DC-3.
Tras establecer a súa principal base de operacións en Northolt, BEA operou o seu primeiro servizo dende Heathrow en abril de 1950; a finais de 1954 todas as operación de Northolt movéronse para Heathrow, que permaneceu como principal aeroporto da aeroliña ata a súa fusión con BOAC en 1974.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA means business), Vol. 45, No. 6, p. 47, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
Durante o ano 1952, BEA transportou ao seu pasaxeiro 1 millón, e a principios dos anos 60 converteuse na quinta aeroliña occidental máis grande, sendo a primeira fóra dos Estados Unidos.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA), Vol. 45, No. 6, pp. 45, 49 (Jet equipment), Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
En 1950 BEA operou o primeiro servizo comercial cun avión de turbinas co prototipo do Vickers Viscount 630, nun voo dende Londres a París.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA means business), Vol. 45, No. 6, p. 48, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012 A aeroliña entrou na era dos reactores en 1960 co de Havilland DH106 Comet 4B.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Jet equipment), Vol. 45, No. 6, p. 48, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012 O 1 de abril de 1964 comverteuse na primeira compañía en operar o DH121 Trident; o 10 de xuño de 1965 un Trident 1C de BEA realizou a primeira aterraxe automática do mundo durante un servizo comercial regular.Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Jet equipment), Vol. 45, No. 6, pp. 50/1, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
Durante a meirande parte da súa existencia, BEA tivo a súa sede no edificio BEAline House en Ruislip, no distrito londiniense de Hillingdon."World Airline Directory". Flight International. 28 de setembro de 1967. p. 529. Arquivado do orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
BEA deixou de existir como unha entidade legar independente o 1 de abril de 1974 cando foi efectiva a súa fusión con BOAC para formar British Airways. Porén, o seu nome foi revivido por British Airways de 1991 a 2008 cando cambiou o nome dunha filial, British Airways Tour Operations Limited a British European Airways Limited.
Notas
Categoría:Aeroliñas do Reino Unido