miniatura|Memorias do marqués de Bradomín (edición de 1922). O Marqués de Bradomín é un personaxe de ficción creado por Ramón María del Valle-Inclán e considerado por parte da crítica como o álter ego do autor. Protagonista da tetraloxía narrativa das Sonatas (de outono, estío, primavera e inverno, escritas entre 1902 e 1905), a personaxe aparece como unha especie de Don Juan con espírito de cruzado. Valle-Inclán recoñeceu terse inspirado na figura de Carlos Calderón y Vasco, militar español que chegou a ser brigadier durante a terceira guerra carlista, aínda que noutra ocasión dixo que se inspirou no escritor Ramón de Campoamor."E confeso que o meu marqués de Bradomín está inspirado en Campoamor, e moitos dos seus trazos non son autobiográficos, como cren algúns, senón que pertencen ao autor das Doloras", dunha conferencia titulada "Semblanzas de literatos españoles", citada por Obdulia Guerrero, Valle-Inclán y el novecientos, Madrid: EMESA, 1977, p. 126. A popularidade da personaxe deu lugar a un un premio literario, convocado desde 1985, e un título nobiliario póstumo a Valle-Inclán, creado en 1981. Tamén o menciona Antonio Machado, no seu poema autobiográfico en Campos de Castilla.
Biografía miniatura| Edición de El marqués de Bradomín: coloquios románticos, de Ramón del Valle Inclán, publicada en 1907 pola editorial Pueyo, en Madrid, e cunha introdución de José María Vargas Vila (1860-1933) "Elogio de Don Ramón María del Valle- Inclán ". Presentado polo propio autor na súa autobiografía como o seu "nobre tío", de nome Xavier, «Aquel vello, cínico, descrido e galante como un cardeal do Renacemento!" un "donjuán" "feo, católico e sentimental".Tamén no prólogo á Sonata de primavera da edición do autor en 1904, realizada na imprenta de Antonio Marzo, e titulada como Sonata de primavera: Memorias de Marqués de Bradomín: Las publica Don Ramón del Valle Inclán, explica nunha breve nota: A súa primeira aparición na prensa española está rexistrada en Los Lunes del Imparcial, onde Valle-Inclán comezou a publicar Sonata de outono (1902), cuxa trama transcorre na Galicia natal do autor e o personaxe é un home maduro. Bradomín reaparece como protagonista das outras tres sonatas que, sen respectar nin os ciclos vitais nin a orde estacional, apareceron nos anos posteriores. Así, a Sonata de estío (1903) transcorre en México, a Sonata de primavera (1904) faino en Italia cun Bradomín xuvenil e a Sonata de inverno (1905) en Navarra.
Aventureiro modernista digno do Romanticismo, Bradomín estivo en Tierra Caliente e en Terra Santa, foi garda nobre do Papa e capitán de Lanceiros ao servizo do aspirante Carlos VII. Este último contexto fai que o marqués apareza en acción ou mención na triloxía carlista de Comedias bárbaras, que forman as pezas dramáticas Águila de blasón (1907), Romance de lobos (1908) e Cara de plata (1923), e entre cuxas versións teatrais cabe citar a de Bigas Luna en 2003.
En 1959, Francisco Rabal interpretou o Bradomín da Sonata de estío na adaptación cinematográfica de Juan Antonio Bardem, de produción hispano-mexicana.
Bradomín e o Don Juan O donjuanismo, tema recorrente na literatura española, espello das peripecias de Casanova e os soños de Barbey d'Aurevilly, foi definido polo propio Valle-Inclán con esta reflexión, na que o autor aparta o mito clásico da esencia de Bradomín, a súa personaxe:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Ramón María del Valle-Inclán Categoría:Personaxes da literatura