Abel Moreno Zorrero, nado en Almensilla o 19 de febreiro de 1995, é un futbolista español que xoga no CD Gerena como defensa.

Traxectoria Andaluz de nacenza formouse co Sevilla FC e debutou como sénior co equipo C na tempada 2014–15 na terceira división. O 7 de xullo de 2015 pasou ao Córdoba CF e quedou asignado ao equipo filial.

O 9 de setembro de 2015 fixo o seu debut profesional nun 0–1 en casa contra do CD Lugo para a Copa do Rei. A súa estrea na segunda división foi o 29 de novembro, e xogou os 90 minutos, nun 2–1 na casa contra do Real Oviedo.

Cedérono ao SD Ponferradina da Segunda División B o 13 de xullo de 2016. Aproximadamente, un ano despois asinou para outro equipo filial, o Deportivo Aragón tamén na terceira división.

Nas tempadas seguintes xogou en diversos equipos: Linense, Ebro, CP Villarrobledo e dende a tempada 2020-21 no CD Gerena.

Notas

Categoría:Xogadores da Real Balompédica Linense Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na provincia de Sevilla