A bandeira da Confederación Iroquesa ou Haudenosaunee é a bandeira adoptada para representar as seis nacións de Haudenosaunee. O seu deseño componse dun fondo de cor púrpura con catro cadrados brancos e un piñeiro branco no centro.

Historia Na década de 1980, o equipo nacional masculino Iroquois Nationals de lacrosse precisaba unha bandeira para unha competición con Australia para representar a Haudenosaunee como entidade independente. Rick Hill, un artista escritor e educador tuscarora asociouse co equipo de lacrosse, e traballou xunto con Harold e Tim Johnson (pai e fillo mohawk de North Tonawanda, Nova York) para crear o deseño. Harold Johnson rexentaba unha tenda de camisetas en Niagara Falls, Nova York e o seu fillo Tim Johnson era estudante na Universidade de Buffalo. O borrador orixinal de Hill foi inspirado polo onondaga Oren Lyons e adaptado polos Johnson. O equipo de lacrosse aceptou o deseño e máis tarde converteuse nun símbolo para Haudenosaunee.

Simbolismo dereita|miniatura|Cinto de Hiawatha. O deseño da bandeira baséase no cinto de Hiawatha, un símbolo que se remonta á unión orixinal das cinco tribos de Haudenosaunee. O cinto de wampum era un símbolo de unidade entre as cinco (e despois seis) tribos iroquesas durante centos de anos antes da súa adaptación para o seu uso como bandeira.

O violeta considérase a "cor dos iroqueses" xa que é a cor derivada das cunchas dos moluscos empregadas na elaboración do wampum. Os catro cadrados e a árbore representan cada unha das cinco nacións orixinais de Haudenosaunee. De esquerda a dereita son: os seneca, os cayuga, os onondaga (a árbore), os oneidas e os mohawk. A súa colocación na bandeira reflicte a súa localización xeográfica. A árbore de piñeiro branco orienal tamén representa a Árbore da paz dentro da nación onondaga, onde as cinco nacións se uniron para formar Haudenosaunee. Convenientemente, as agullas do piñeiro branco oriental están agrupadas en grupos de cinco.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos iroqueses Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas