Ana Payo Payo nada en Zamora, 28 de maio de 1986, é unha oceanógrafa, científica ambiental, divulgadora científica e activista medioambiental española. Traxectoria Payo licenciouse en 2010 na Universidade de Cádiz en Ciencias ambientais e en Ciencias do Mar Orientación Recursos Vivos. Ademais ten un máster en Xestión e Conservación da Biodiversidade pola Universidade de Barcelona e un Doutoramento en Ecoloxía de Poboacións de Aves Mariñas.
Centrou a súa investigación en impulsar o desenvolvemento de estratexias de xestión e mitigación dos efectos do cambio climático sobre a biodiversidade. A maiores traballou como investigadora de ecoloxía de poboacións de aves mariñas no Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA, CSIC- UIB) e como investigadora en ecoloxía teórica na Universidade de Aberdeen (Escocia). A zamorana colaborou como divulgadora científica en Big Van Ciencia e como presentadora no night show de humor e divulgación científica Balears fa Ciencia da cadea IB3 televisión.
Cabe destacar tamén a súa participación na expedición internacional Homeward Bound Project 2018, un proxecto enfocado a potenciar o liderado e apoderamento de mulleres do ámbito científico e tecnolóxico e a loita contra o cambio climático.
Recoñecementos Pola súa participación no Homeward Bound Project 2018, Payo foi condecorada coa Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española xunto a tres españolas presentes no proxecto, Alicia Pérez-Porro, Uxúa López e Alexandra Dubini.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ana Payo: experta en aves marinas, divulgadora entusiasta y conservacionista convencida en Oceánicas (en castelán) "Las mujeres seguimos sin representación en los altos estamentos investigadores" en Diario de Cádiz, 15/05/2017 (en castelán) La oceanógrafa zamorana Ana Payo nos acerca a la Antártida en Cadena Ser, 17/08/2017 (en castelán)
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Zamora Categoría:Profesores da Universidade de Aberdeen Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Cádiz Categoría:Oceanógrafos de España Categoría:Climatólogos de España Categoría:Ecoloxistas de España Categoría:Personalidades sen imaxes