Beatrice Muriel Hill Tinsley nada en Chester o 27 de xaneiro de 1941 e finada en New Haven o 23 de marzo de 1981, foi unha astrónoma e cosmóloga de Nova Zelandia nacida en Gran Bretaña, cuxa investigación achegou contribucións fundamentais á comprensión astronómica da evolución das galaxias, o seu crecemento e morte. Traxectoria Tinsley naceu en 1941 en Chester, Inglaterra, filla mediana das tres de Jean e Edward Hill. A familia emigrou a Nova Zelandia tras a Segunda guerra mundial , vivindo primeiro en Christchurch e despois por un tempo máis longo en New Plymouth, Nova Zelandia, onde o seu pai, Edward Hill, foi clérigo do Moral Re-Armament e que máis tarde alcalde (1953–56). Tinsley asistiu ao Instituto Feminino de Nova Plymouth, e estudou na Universidade de Canterbury onde se graduou e completou un máster en Ciencia en 1961, con Honras de Primeira Clase en Físicas. Mentres estudaba en Christchurch, casou co físico e compañeiro de clase, Brian Tinsley, sen saber que isto impediría que ela traballase na universidade mentres ell estivese empregado alí. Mudáronse en 1963 aos Estados Unidos, a Dallas, Texas, onde Brian foi contratado polo Centro do Suroeste para Estudos Avanzados (agora, Universidade de Texas). Aínda así, dise que ela atopaba a situación "atafegante", e unha vez causou unha controversia por negarse a seguir o costume de ser a anfitrioa dun té na facultade. En 1964, matriculouse en UT-Austin, onde era a única muller no programa de astronomía e onde máis tarde publicou a súa revolucionaria investigación. A Universidade de Texas en Austin en 1966 outorgoulle o título de doutora en Filosofía pola súa tese Evolution of Galaxies and its Significance for Cosmology. Tinsley levou a cabo estudos teóricos pioneiros sobre o modo en que as poboacións de estrelas crecen e afectan ás calidades observables das galaxias. Tamén colaborou en investigación básica en modelos que buscaban coñecer se o universo está pechado ou aberto. Os seus modelos de galaxia conduciron á primeira aproximación ao que debería ser o aspecto das protogalaxias.
En 1974 recibiu o premio en Astronomía Annie Jump Cannon da Sociedade Astronómica Americana, outorgado á "prometedora e extraordinaria investigación por unha investigadora", en recoñecemento ao seu traballo sobre a evolución das galaxias. A pesar de recibir recoñecemento polo seu traballo, Tinsley foi incapaz de atopar un posto académico permanente. En 1974, despois de anos de tentar equilibrar fogar, familia e dúas carreiras simultáneas, deixou ao seu marido e os seus dous nenos adoptados para aceptar un posto como profesora axudante en Yale. Traballou alí até a súa morte de cancro no Yale Infirmary en 1981. As súas cinzas están soterradas no cemiterio do campus.
En 1977, Tinsley, con Richard Larson de Yale, organizou unha conferencia sobre 'A evolución das galaxias e poboacións estelares'. Pouco despois, en 1978, foi a primeira profesora de sexo feminino de astronomía na Universidade de Yale. O seu último artigo científico, enviado ao Astrophysical Journal dez días antes da súa morte, foi publicado postumamente aquel novembro, sen revisión.Faleceu ol 23 de marzo de 1981, con 40 anos de idade, rematando unha destacada carreira prematuramente. O texto deste artíigo póstumo non foi revisado, malia que Michael Kaufman engadiu algunhas definicións e comentarios explicativos
Premios e recoñecementos miniatura|O Monte Tinsley desde Manapouri En 1986 a Sociedade Astronómica americana estableceu o Premio Beatrice M. Tinsley, que recoñece «unha contribución excepcional á astronomía ou á astrofísica, de carácter eminentemente creativo ou innovador». É o único premio importante creado por unha sociedade científica americana que honra a unha científica. O premio non presenta restricións por cidadanía ou país de residencia.
O asteroide de cinto principal 3087 Beatrice Tinsley, descuberto en 1981 no observatorio de Monte John, próximo a Tekapo, leva o seu nome.
A Universidade de Texas en Austin estableceu unha dotación en 1989 para un profesor visitante, co nome Beatrice M. Tinsley Centennial, pola que un profesor sénior ou á metade da súa carreira está convidado até un semestre. En 2007 engadiron as bolsas Tinsley, que permiten aos investigadores máis novos realizar breves estadías en Austin.
En 2005, o Teatro Circa en Wellington produciu unha obra chamada Bright Star, sobre a vida de Beatrice Tinsley. A Sociedade Astronómica de Wellington organizou sesións de observación por telescopio fora do teatro, no peirao próximo ao Museo Pápache.
En decembro de 2010 o Consello xeográfico de Nova Zelandia nomeou oficialmente unha das montañas Kepler no parque natural de Fiordland (así nomeadas polo astrónomo Johannes Kepler) Monte Tinsley.
A Sociedade Astronómica Real de Nova Zelandia estableceu as Conferencias Beatrice Hill Tinsley en 2012.Tamén hai unha rúa co seu nome en Rosedale, no norte de Auckland. O 27 de xaneiro de 2016, 75º aniversario do seu nacemento, Google publicou un Doodle para honrar o seu traballo. A súa necrolóxica foi publicada por The New York Times varias décadas máis tarde, o 18 de xullo de 2018, no seu proxecto "Pasados por alto" que recolle «as historias de persoas notables cuxas mortes non foron publicadas no Times no seu momento». Obras "An accelerating universe". 1975. Nature 257: 454–457 (9 de outubro de 1975); doi:10.1038/257454a0 "Correlation of the Dark Mass in Galaxies with Hubble type". 1981. Royal Astronomical Society, Monthly Notices. vol. 194, p. 63–75 "Relations between Nucleosynthesis Rates and the Metal Abundance". 1980. Astronomy and Astrophysics. vol. 89, non. 1–2, p. 246–248 "Stellar Lifetimes and Abundance Cocientes in Chemical Evolution". 1979. Astrophysical Journal. Part 1, vol. 229, p. 1046–1056 "Colors as Indicators of the Presence of Spiral and Elliptical Components in N Galaxies". 1977. Publications of the Astronomical Society of the Pacific. vol. 89, p. 245–250 "Surface Brightness Parameters as Tests of Galactic Evolution". 1976. Astrophysical Journal. vol. 209, p. L7–L9 "The Cor-Redshift Relation for Giant Elliptical Galaxies". 1971, Astrophysics and Space Science, Vol. 12, p. 394 Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Catley, Christine Cole. "Tinsley, Beatrice Muriel Hill". Dictionary of Scientific Biography. 25. New York: Charles Scribner's Sons. pp. 57–61. ISBN 978-0-684-10114-9
Faber, Sandra (1Faber, Sandra (1981). 81). .
Ligazóns externas Biografía de Beatrice Hill por Michele Nichols Biografía en New Zealand Biografía da Astronomical Society of the Pacific Biografía no Handbook of Texas Comentario da obra Bright Star no Teatro Circa Transcrición de entrevista a Beatrice Tinsley (14 de xuño de 1977), American Institute of Physics, Arquivo e Biblioteca Niels Bohr Radio New Zealand The Stars are Comforting: The letters of Beatrice Hill Tinsley (1941–1981). Inclúe galería de imaxes e audios de varias entrevistas
The End (The Beginning and End of the Universe, Season 1, Episodio 2). Vídeo no que Ao-Khalili comenta a tese de doutoramento de B. Tisley sobre a evolución das galaxias e como contribuíu aos continuos intentos de comprender o ritmo de expansión do universo.
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Canterbury Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Astrónomos de Nova Zelandia