Gabriele Clarissa Hegerl, nada o 9 de xaneiro de 1962, é profesora de Ciencia do Sistema do Clima na Universidade de Edimburgo, na Escola de Xeoiencias. Antes de 2007 traballlou como investigadora na Universidade Texas A&M e na Universidade Duke, na Escola do Medioambiente, durante os cales foi tamén coordinadora e autora principal do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (GICC) no cuarto e quinto informe de avaliación.IPCC AR4 by Hans von Storch, marzo de 2011
Traxectoria Hegerl estudou na Universidade Maximilian Ludwig de Múnic se doutorou en 1991. Na súa tese doutoral onde a súa tese utilizou unha solución numérica da ecuación Navier-Stokes usando condicións de contorno.
A investigación de Hegerl céntrase na variabilidade natural do clima e os seus cambios por factores naturais e antropoxénicos en forzamento radiativo (como o efecto invernadoiro, os efectos no clima das erupcións volcánicas e os cambios da radiación solar). Hegerl tamén liderou unha afamada investigació sobre a atribución do camblio climático moderno ás emisións antropoxénicas de gases de efecto invernadoiro.
Liderou en 2006 un estudo sobre a sensibilidade de clima ( daquela comunmente aceptada como 1,5–4.,K en resposta á duplicación do CO2 atmosférico) para revisar os estudos que suxirían que a sensibilidade de clima podería chegar a 7,7K ou mesmo superar 9K. Usando a modelaxe do equilibro de enerxía para simular as respostas a cambios históricos na temperatura no efecto do forzamento radiativo dos cambios solares, erupcións volcánicas e os gases de efecto invernadoiro, e comparando isto coas reconstrucións climáticas, o equipo de Hegerl chegou a unha estimación independente que situaba a sensibilidade climática dentro do rango de 1,5–6,2K.Hegerl, Gabriele C.; Crowley, Thomas J.; Hyde, William T.; Frame, David J. (2006), "Climate sensitivity constrained by temperature reconstructions over the past seven centuries", Nature, 440 (7087): 1029–1032, Bibcode:2006Natur.440.1029H, doi:10.1038/nature04679, PMID 16625192 Nunha entrevista Hegerl afirmou: "A nosa reconstrución apoia unha gran variabilidade no pasado".
Foi coordinador e autora principal do Cuarto Informe de valoración do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC), no Grupo I, no capítulo "Understanding and Attributing Climate Change". A súa reconstrución de 2006 foi citada no capítulo "Paleoclimate" para apoiar a afirmación de que o século fora probabelmente o máis quente do Hemisferio Norte nun mínimo de 1 300 anos.
Foi membro do equipo que revisou as reconstrucións recentes do rexistro de temperatura dos pasados 1 000 anos, e en 2007 publicou a súa propia reconstrución concluíndo que a temperatura máxina na era preindustrial fora era significativamente superada polas temperaturas rexistradas con instrumental recente.
Publicacións As publicaciones de Hegerl inclúen:
"
Premios e recoñecementos En 2013 foi elixida Membro da Royal Society de Edimburgo (FRSE) En 2017 foi elixida membro da Royal Society (FRS). (2016) Premio Hans Sigrist (2018) Doutora Honoris Causa en Ciencias pola Universidade de Leeds. En 2018 ingresou na Academia alemá de Ciencias Leopoldina.
Notas
Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Climatólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Membros da Leopoldina