Eucharia Oluchi Nwaichi é unha bioquímica ambiental, científica do solo e toxicóloga nixeriana.
Traxectoria A súa investigación céntrase na xestión de residuos, a prevención da contaminación e a fitorremediación, que implica o tratamento dos problemas ambientais (biorremediación) a través do uso de plantas locais que mitiguen o problema ambiental sen a necesidade de escavar o material contaminante e desfacerse del noutro lugar. É unha experta en eliminación de metais pesados tóxicos como o cadmio, cobre, mercurio, chumbo e o arsénico da terra contaminada. É doutora en Bioquímica pola Universidade de Port Harcourt, onde é profesora titular. Antes de unirse aos servizos da Universidade de Port Harcourt, traballou na compaía Dangote (2003-2004) e a Shell Petroleum Company de 2009 a 2010. Premios e recoñecementos
No ano 2013 foi recoñecida nos premios L'Oréal-UNESCO de Ciencias Físicas na categoría "Membros internacionais".É membro de varias organizacións académicas, como a Organization for Women in Science for the Developing World (OWSD) , a American Chemical Association, a Sociedade Internacional para a Tecnoloxía Ambiental, e o Instituto Nixeriano de Administración.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Nwaicha Eucharia Oluchi en The African Academy of Sciences (AAS)
Categoría:Científicos de Nixeria Categoría:Bioquímicos de Nixeria Categoría:Nados en Nixeria Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades sen imaxes