O soño do guieiro, subtitulado Poemas, poemiñas e poemoides, é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán publicado na Colección Opúsculos de poesía de Ediciós do Castro en 1986.

Características Publicado na Colección Opúsculos de poesía de Ediciós do Castro en 1986, está dedicado a Castelao. Volve recoller poemas doutros momentos vitais, expresión xa da súa musa cívica, xa da elexíaca. O volume inclúe ademais algúns dos seus poemas sociolingüísticos, unha das facetas máis notables da súa poética. Recompilación da poesía de loita, de combate, desde a guerra civil, a posguerra e o exilio. Inclúe moitas composicións que xa apareceran no Cancioneiro da loita galega.

Nos dous últimos libros hai mostras elocuentes do seu talento satírico, cando retrata o ditador Francisco Franco ou describe o desleixo lingüístico de certos falantes.

É unha obra que se inspira nos valores da súa terra de Valdeorras, nas paisaxes, nos costumes, nos tipos humanos, mais que non renuncia a outros rexistros, en parte, froito das circunstancias vividas: poesía política, denuncia e crítica social…

Para a Editorial Galaxia:

Edicións Foi reeditado en Xerais en 2022 da man de Xosé Ramón Pena e en Galaxia no mesmo ano en edición de Dulce Fernández Graña.

Poemas O soño do guieiro

Da fala e do castrapo

Carta de Juan de la Era al doutor Cantarelas do castrapo (panxoliñas leigas)

Da guerra

Fóra popes das sombras Guerrilleiro Alexandre Bóveda

Morte de Alexandre Bóveda Un guerrilleiro Segundo García Núñez A un vello falanxista

Os lobos da xente Levan a Cristo por fóra... Ía á misa das doce... "Home pequeno - fol de veneno"

As cabalgaduras do Farrucón Farruquiño. Muiñeira

Do exilio

Galiza ergueita Inda non "Dou ao demo o millor" (dixo o que araba cos lobos) Ranae ad solem(*) "Per me regis regnam" Subdesenrolo

A nova arte poética Nenia a "Tata Lázaro"

Pregos, poemiñas, descordos e poemoides

De camiñas monocromas... Pregos a Santa Liliana Poemiñas da terra asolagada

Poemiñas inxenuos Desacordo do sin e do Non Desacordo do gregario Coda Eu son insuficiente Para se levar ben todas as xentes do mundo Ditos do pobo galego Celso Emilio Ferreiro

O galego... Eu! Non! Sin! Coda. Asasinos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1986 Categoría:Florencio Delgado Categoría:Obras de poesía en galego