Jungle Cavalcade é un filme estadounidense de 1941 dirixido Armand Denis, Clyde E. Elliott e Frank Buck. É unha recompilación de metraxe dos primeiros tres filmes de Frank Buck, nos cales se describen as súas aventuras capturando animais para os zoos do mundo.
Escenas Entre as escenas no filme:
Na xungla de Sumatra, Buck constrúe unha trampa para capturar un orangután para o zoo de St. Louis. Cando ve un elefante de bebé sendo perseguido por un tigre, Buck dispáralle ao tigre e captura o elefante. Buck captura un leopardo con manchas raras disparando á pola da árbore na que estaba o felino. Despois de construír un curro de catro hectáreas, Buck mete en estampida unha manda de elefantes e logo selecciona elefantes individuais para enviar aos zoolóxicos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1941 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América