Jonkheer Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies, nado o en 21 de xuño de 1808 en Sint-Joost-ten-Node, Bruxelas-Capital, e finado o 6 de xullo de 1874 en Bad Ems, Reino de Prusia, foi un nobre neerlandés e máis tarde un político, ornitólogo e paleontólogo belga.
Traxectoria Bernard du Bus de Gisignies foi o segundo fillo de Leonard Pierre Joseph du Bus de Gisignies. Estudou Dereito na Universidade Estatal de Lovaina, pero pronto se interesou máis pola ornitoloxía.
En 1835 presentou un manuscrito á Real Academia de Bélxica no que describía o paxaro Leptorhynchus pectoralis.
Foi deputado por Soignies (Provincia de Hainaut).
Casou con Petronilla Truyts o 19 de maio de 1845, matrimonio que tivo dous fillos, Bernard Daniel e Chretien.
Foi o primeiro director do Real Instituto Belga de Ciencias Naturais en 1846. Nesta ocasión doou ao Museo desta institución 2 474 aves da súa propia colección.
En 1860, durante a construción de novas fortificacións ao redor de Anveres interesouse pola paleontoloxía. Os fósiles atopados eran principalmente de baleas.
Encontrou dous esqueletos de Balaena mysticetus e un dunha inmatura balea azul (Balaenoptera musculus), que aínda hoxe están expostos no Museo.
Nese mesmo ano encontrouse preto de Lier o esqueleto dun mamut que foi levado ao Museo (onde está expoto dende 1869). Nese momento o único outro esqueleto dun mamut estaba exposto no museo de San Petersburgo.
En 1867 foi nomeado director da sección de ciencias da Real Academia de Bélxica.
Abreviatura A abreviatura Du Bus de Gisignies emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén Bobliografía Datos biográficos de Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies . Heemkundige Kring van Malle, ed. (1980): Camera Obscura op Oost- en Westmalle. Bart De Prins, ed. (1999): Leonard du Bus de Gisignies, Heemkundige Kring van Malle.
Categoría:Científicos de Bélxica Categoría:Políticos de Bélxica Categoría:Nobres de Bélxica Categoría:Ornitólogos de Bélxica Categoría:Paleontólogos de Bélxica Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1874